O delegado territorial da Xunta recibe ao equipo Club Baloncesto Breogán, campión da Copa Princesa

Por o 08/02/2018 | Sección: Baloncesto,Deportes
O delegado territorial da Xunta recibe ao equipo Club Baloncesto Breogán, campión da Copa Princesa

O delegado territorial da Xunta, José Manuel Balseiro, acompañado do xefe do servizo provincial de Deportes, Manolo Otero, recibiron este serán o equipo Club Baloncesto Breogán, campión da Copa Princesa.

Balseiro, felicitoulles por este logro e polos outros moitos que están acadando nesta tempada onde as súas vitorias contribúen a incrementar a autoestima dos lucenses. “No deporte e na vida non hai nada sen esforzo, sen sacrificio, non hai nada sen afán de superación. Creo que disto xogadores e equipo técnico dades sempre boa mostra. Así que sabede que é unha honra que un equipo galego sexa campión de copa e estea dando a batalla desde o máis alto por un ascenso á ACB, que agardamos pronto se materialice”-concluíu.

Noticias de última hora en Vigo

Comentar noticia

Your email address will not be published.