O delegado territorial da Xunta en Vigo recibirá ao alcalde de Cangas en vindeiras datas para tratar temas sanitarios

Ignacio López-Chaves atenderá ao rexidor cangués en canto as súas ocupacións llo permitan e ante a imposibilidade de modificar a axenda do día 6 de abril
Publicado por o día 04/04/2017 na sección de Cangas,Galicia,Sanidad,Vigo,Xunta de Galicia

O delegado territorial da Xunta en Vigo recibirá ao alcalde de Cangas en vindeiras datas para tratar temas sanitarios

O delegado territorial da Xunta en Vigo recibirá ao alcalde de Cangas en canto as súas obrigacións llo permitan.Trala solicitude dun encontro formal para tratar temas relacionados cos servizos sanitarios no concello, Ignacio López-Chaves atenderá ao rexidor en vindeiras datas. Ante a imposibilidade de modificar a súa axenda, o representante do Goberno galego na área territorial de Vigo empraza a Xosé Manuel Pazos Varela a unha nova xuntanza nas vindeiras semanas.

Ademais, dado que o asunto ten que ver coa situación actual dos servizos sanitarios no concello considérase conveniente a presenza na reunión de responsables da área sanitaria. O motivo do aprazamento non é outro que a coincidencia na data fixada polo alcalde, o vindeiro 6 de abril, de asuntos ineludibles que lle obrigan a estar fóra da sede da Delegación Territorial da Xunta en Vigo.