Delitar chega a Vigo co seu aparcadoiro sustentable

O envase elixido, Tetra Rex® Bio Based, é o primeiro envase de cartón que conta con tapón e laminación de plástico vexetal xa que está fabricado a partir de cana de azucre.
Publicado por o día 20/09/2019 na sección de Eventos,Galicia,Vigo

Delitar chega a Vigo co seu aparcadoiro sustentable
Deleitar, marca de leite fresco 100% galega aterra hoxe en Vigo co seu aparcadoiro sustentable en Porta do Sol de 16.00 – 21:00 para premiar aos vigueses co primeiro aparcamento para o vehículo máis sustentable, as súas pernas, onde se poderá probar o leite e tomar un tentempié.
 
Esta acción, que consiste en transformar, durante un día, unha praza de aparcadoiro, converténdoa nunha zona de descanso nunha zona céntrica fará unha viaxe de 3 días por 3 cidades galegas: 19 de setembro en Lugo, hoxe en Vigo e o sábado, 21 de setembro na Coruña.
 
Esta iniciativa busca mostrar como Deleitar, leite 100% galega pasteurizada que emprega por primeira vez en España un envase totalmente renovable, diminúe o seu impacto no planeta. Tendo en conta o total de produción ao ano, Deleitar reduce cada ano as emisións de CO2 equivalentes a dúas voltas ao mundo en coche.
 
A marca Deleitar foi moi innovadora en canto á selección do seu envase e con iso, reforza o seu compromiso por diminuír o seu impacto no planeta, xa que elixiu este envase cun mínimo impacto ambiental, Tetra Rex Bio Based da man de Tetra Pak, líder en envasado de alimentos.
 
Segundo Iago Quintana, Director Xeral de Deleitar: “Apostamos por un envase que conserva mellor o produto e que xa de seu é de altísima calidade, e ademais é o máis respectuoso co medioambiente. Estamos orgullosos de que o noso novo envase sexa de Tetra Pak por catro razones principais: En primeiro lugar, porque é totalmente renovable. As materias primas renovables son aquelas que proceden de recursos naturais, como o cartón. No caso dos nosos envases, o plástico procede da cana de azucre e o resto do envase de papel procede de bosques xestionados de forma responsable e outras fontes controladas e así o certifica o selo FSC. En segundo lugar, por unha maior protección do noso leite: protexe o leite da luz, axudando a manter os seus nutrientes, vitaminas e sabor. En terceiro lugar, reduce as súas emisións de carbono con respecto ás súas alternativas de maneira substancial. E, por último, porque é reciclable, o que significa que o seu material pode ser empregado para outros usos: depositándoo no contedor amarelo e ocupando menos espazo ao encartalo”.

Comentar noticia

Your email address will not be published.