Demandan a construción dun novo parque infantil en Teis

Desde fai anos estan comprobando que os parque infantís existentes no barrio de Teis, especialmente no entorno urbano, son insuficientes para cubrir as demandas das familias con nenos/as no barrio
Por o 08/06/2017 | Sección: A.V. Teis,Social,Vigo
Demandan a construción dun novo parque infantil en Teis

Desde a Asociación Veciñal de Teis, consideran necesario que o Concello de Vigo, mellore os parques infantís existentes e a construción dun novo parque infantil, como por exemplo na parcela municipal fronte ao auditorio municipal de Teis, na rúa dos Irmáns Misioneiros dos Enfermos Pobres.

Esta propiedade municipal carece de uso e está abandonada e podería destinarse para parque infantil. Esta asociación en xuño de 2011, en setembro 2014 e en abril deste ano solicitaron por escrito que este espazo destinarase a parque público. Ademais o 21/04/15, nun escrito conxunto asociación e as anpas do barrio, solicitaron a mellora dos parques infantís e a construción dun novo parque infantil.

Teis, conta con dous grandes parques como son A Guía e A Riouxa. No caso da Guía non hai ningún parque infantil e na Riouxa o parque infantil é moi pequeno en relación ao parque, ambos parques están infrautilizados. Si comparamos estes parques con Castrelos ou O Castro, ambos parques contan con grandes parques infantís.

Neste anos o goberno municipal de Vigo, non ten tomado ningunha medida para mellorar está situación en Teis. As únicas propostas que coñecen son o proxecto de remodelación do parque infantil de Castrelos ou a ampliación do parque infantil da rúa Venezuela.

Por último sinalar, que a Asociación, diante da falta de resposta do goberno municipal, tomou a decisión de convocar unha asemblea o mércores 14 de xuño ás 18:30 horas, no parque da rúa Pedro Alvarado, para valorar coa veciñanza está situación e que medidas tomar.