Demandan no Congreso que se axilice o traspaso da vía ferroviaria en desuso entre Pontevedra e Vigo para a ruta ciclista

Alexandra Fernández presentou unha proposición non de lei que insta a Fomento a facilitar, cedendo a infraestrutura férrea abandonada e outras propiedades para materializar a Ruta ciclista polo litoral galego.
Publicado por o día 29/10/2018 na sección de En Marea,Política

Demandan no Congreso que se axilice o traspaso da vía ferroviaria en desuso entre Pontevedra e Vigo para a ruta ciclista

A deputada de En Marea no Congreso, Alexandra Fernández, presentou unha proposición non de lei na Cámara Baixa na que empraza ao Ministerio de Fomento-Adif a axilizar o proceso para a cesión da vía ferroviaria en desuso entre Pontevedra, Arcade, Redondela e Vigo a fin de posibilitar a Ruta Ciclista por toda esa área.

A deputada de En Marea insta ao Ministerio a facilitar, mediante a cesión da infraestrutura ferroviaria en desuso e outras propiedades da competencia de Fomento, que se materialice un roteiro ciclista por toda a costa de Galicia, atlántica e cantábrica (desde Tui até Ribadeo), no marco do impulso da rede Europea EuroVelo e a interconexión das distintas rutas para unha movilidade sostíbel.

Precisamente onte houbo unha concentración e unha marcha ciclista entre Pontevedra e Marín para reclamar este tipo de posibilidade.

Impulsar unha movilidade sostíbel

Alexandra Fernández lembra que a rede europea de carrís bici, EuroVelo, ten por obxectivo desenvolver unha rede de rutas de longa distancia para cicloturistas e conectar Europa por bicicleta. O mapa matriz da Rede EuroVElo parte de tres itinerarios no estado español: un polo norte, desde Galicia pero pasa só polo interior, desde Santiago e seguindo o Camiño de Santiago até Franza. De xeito que o litoral fica excluido.

Mais, este era o programa orixinario pero para que se fixesen novas rutas intercomunicadas. “Esto é o que se está a promover desde a Coordinadora Galega da Bicicleta. Está a impulsar a interconexión para conectar toda a costa. Neste sentido, Alexandra Fernández sinala que consiste en apostar por outras formas de turismo máis sostíbel e ecolóxico. Mais, puntualiza, “para materializar esta proposta, precísase da participación das tres administracións: concellos, Xunta e estado, para que cada unha facilite a infraestrutura precisa”.

No caso concreto da Ruta entre Vigo e Pontevedra, necesítase do concurso de Adif para que ceda a infraestrutura ferroviaria en desuso entre Pontevedra, Arcade, Redondela e Vigo. Material necesario para crear a Vía Verde.

A deputada de En Marea salienta que “as rutas en bici son imprescindíbeis para progresar noutro tipo de movilidade, máis sostíbel, que resta tráfico rodado e aposta por un tipo de turismo máis respetuoso co entorno”.