Dende a Plataforma Antilindano da Louriña saudamos con alegría a nova de que o concello do Porriño e a Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático da Xunta de Galicia presenten unha candidatura ao proxeto “Phytomanagement of peri-urban soils contaminated by lindane residues” incluído no programa LIFE

Por o 08/06/2018 | Sección: Galicia,Medio Ambiente,O Porriño,Plataforma Anti-lindano da Louriña,Social
Dende a Plataforma Antilindano da Louriña saudamos con alegría a nova de que o concello do Porriño e a Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático da Xunta de Galicia presenten unha candidatura ao proxeto “Phytomanagement of peri-urban soils contaminated by lindane residues” incluído no programa LIFE
Compartir en:

Dende a Plataforma Antilindano da Louriña saudamos con alegría a nova de que o concello do Porriño e a Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático da Xunta de Galicia presenten unha candidatura ao proxeto “Phytomanagement of peri-urban soils contaminated by lindane residues” incluído no programa LIFE. Somos conscientes de que é só unha candidatura, pero pon de manifesto que a presión exercida sobre as administracións dá resultado e por iso imos seguir loitando para que a contaminación por lindano se aborde dun xeito integral e rigoroso. Pola nosa banda, poñemos en marcha unha campaña de divulgación a toda a poboación co envío dun boletín informativo a todos os fogares e unha charla informativa que se celebrará o vindieiro venres 29 de xuño no Centro Cultural do Porriño ás 20:00 horas. O obxectivo é concienciar dun xeito sinxelo sobre unha situación que nos afecta non só a nós, senón ás futuras xeracións se non se pon remedio.

Agardamos que, segundo o compromiso do concello, as obras para dotar de traída municipal de auga ao Contrasto comecen xa nun prazo máximo de dúas semanas. Asemade, non esquecemos que a alcaldía debe presionar á Confederación Hidrográfica para que non faga efectivo o ultimátum de clausura dos pozos que non están contaminados ata que teñan conexión á rede municipal. Os problemas de competencias administrativas xúntase neste caso coa falta de sensibilidade e as consecuencias págaas quen non é responsable das verteduras, ata o punto de verse afectado ata o mesmísimo dereito a auga potable.