Dende o colectivo Enfermeiras Eventuais en Loita anuncian unha nova movilización

Publicado por o día 01/10/2019 na sección de Sanidad,Social

Dende o colectivo Enfermeiras Eventuais en Loita anuncian unha nova movilización

Dende o colectivo Enfermeiras Eventuais en Loita veñen anunciar unha nova movilización relacionada co movemento #12meses12loitas.

Desta volta a movilización terá lugar o venres 11 de Outubro (no canto do 12, que cae en sábado) ás 12 da mañá diante dos diferentes hospitais galegos e centros de saúde e para isto, o colectivo invita como en anteriores edicións ós pacientes, enfermeiros e demais persoal sanitario a manifestarse coa camiseta de Enfermeiras Eventuais en Loita ou no seu defecto cunha camisola negra en sinal de loito. O persoal que se atope traballando lucirá un crespon negro.

Nesta ocasión, o colectivo elevan a voz para reclamar TRANSPARENCIA administrativa e instan á Administración a que con carácter urxente, se poña en marcha un  mecanismo fiable, dinámico  e áxil para coñecer os datos reais sobre a totalidade dos e das profesionais do Sergas.

“Lembra, o día 11 de Outubro ás 12 hrs concéntrate con nós, loitemos xuntos por unha Sanidade pública galega de calidade” finalizan no comunicado o colectivo Enfermeiras Eventuais en Loita.

Este é documento relativo as suas reclamacións.