Denegación de sala para asemblea por parte do Concello de Vigo

Publicado por o día 13/02/2014 na sección de Vigo

Denegación de sala para asemblea por parte do Concello de Vigo

Os organizadores da asemblea aberta que ía ter lugar o pasado sábado 8 de febreiro no Centro Cívico de Teis queren denunciar o seguinte:

– Que o venres pola tarde, un día antes de que se celebrase a asamblea, avisaron de que o Concello rexeitara a solicitude dunha das salas do Centro Cívico, alegando que só podían ser pedidas por entidades rexistradas no Concello ou “colectivos recoñecidos”. Este requisito nunca fora advertido previamente, maila si ser avisados de que organización políticas non poderían pedir unha sala.

– Que o mesmo venres pedíron un novo escrito, no que se especificara aínda máis os motivos da realización da asamblea.

– Que neste escrito explicouse que se discutirían diversas problemáticas da cidade, como a suba de prezos en Vitrasa, a concesión da xestión das augas, os pisos baleiros da cidade,etc.

– Que é o contido da asamblea o que realmente provocou que a última hora se denegara a sala para a súa celebración.

– Que esta denegación prodúcese nin máis nin menos que polo “Concelleiro de Participación Cidadá”,  Santos Héctor Rodríguez, que ademáis é o secretario provincial del PSdeG en Pontevedra.

  Finalmente, a asemblea aprázase para o domingo 16 ás 17:00 na Parroquia Cristo da Victoria ( Rúa de Baiona, 9) de Coia, á que animamos a asistir a todos e todas as cidadáns.

NOTA PRENSA JAVIER GARCÍA FDEZ