A asociación veciñal Novo Vigo do Pau de Navia, achegará as 17:00 horas no rexisto da Xunta de Galicia 2.000 sinaturas de veciños e veciñas do Pau de Navia que son un número mais que representativo da nosa OPOSICIÓN o proxecto urbanístico de edificación de bloques de vivendas de 12 alturas no Pau de Navia, en fronte do edificio de Rabo de Galo (As Teixugueiras, 15) a altura da rotonda.
Dita edificación é contraria o plan de urbanización do polígono presentado os veciños e veciñas de Navia, no que se propoñia unha edificación escalonada mirando hacia o mar.
Ata agora, tódolos bloques de edificios baixan en altura polo que é incomprensibe e intolerable esta modificación que rompe con toda a armonía urbanística, lembramolles o Goberno da Xunta que a lexislación urbanística actual recupera como primeira funcionalidade a “utilitas” e no seu preámbulo establece a necesidade de manter o ornato público, a imaxen urbana, a beleza arquitectónica.
Ademais sinalamos o absurdo da medida, xa que as edificacións colindantes a esta bloque terán como máximo 4 alturas como consta no proxecto orixinal.
PRENSA NOVO VIGO
Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.