Denuncia dunha paciente pola demora no seu tratamento

Dende a Coordinadora Antiprivatización da Sanidade Pública fanse eco duha nova testemuña do que está a acontecer na nosa sanidade pública que nos presenta, de novo, unha historia estremecedora.
Por o 07/03/2018 | Sección: Coordinadora Antiprivatización da Sanidade Pública,Sanidad
Denuncia dunha paciente pola demora no seu tratamento

Belén Paleo é unha paciente ferrolá á que, tras máis de dous anos de listas de espera, probas e consultas fóronlle diagnosticadas a enfermidade de Arnold-Chiari e siringomielía. En todo este tempo a enfermidade foi evolucionando e facéndose cada día máis sintomática (fortes dores de cabeza, alteracións do equilibrio, perda de sensibilidade e parálise dos membros do tórax… que poden incluso deixala nunha cadeira de rodas), sendo a única solución a intervención cirúrxica. Para iso foi remitida hai un ano o neurocirurxián do CHUAC, encargado destes temas, quen lle solicitou dúas probas urxentes, pero que se demoraron por ter sido remitida á súa área, Ferrol, para facelas. Unha vez confirmado o diagnóstico, atópase con que o neurocirurxián que ten que operala está de baixa, e o neurólogo ao que foi remitida para tentar aliviar os síntomas dille que non pode facer nada e que xa debería ter sido operada, que pode ter secuelas difíciles de recuperar, remitíndoa de novo ao xerente e aos neurocirurxiáns.

A pesar das múltiples reclamacións presentadas, na consellería, en atención ao paciente, na Valedora do Pobo, e incluso coa xerencia, Belén atópase nunha situación desesperada sen visos dunha pronta resolución, comprometendo a súa calidade de vida.

Por todo isto apoiamos a Belén nas súas reinvindicacións e axudarémola o máximo posible, e animamos a continuar as manifestacións ante o xerente, exixindo unha solución xa!

Noticias de última hora en Vigo

Comentar noticia

Your email address will not be published.