A Sobre as 18 horas do pasado martes, 14 de xullo, unha patrulla da Policía Local de Pontevedra cando estaba a realizar funcións propias de vixilancia dos espazos públicos, observa como un “patinete eléctrico” circulaba pola rúa Xosefina Arruti, dirección rúa Estación, pola beirarrúa e falando por teléfono. Tamén levantou sospeita o tipo de vehículo que ía circulando (sillín e dotado
dunha gran batería).
Unha vez identificado o condutor (un menor 17 anos), os axentes comprobaron que non se trataba dun patinete eléctrico, senón que se asemellaba a un ciclomotor de dúas rodas pertencente á categoría L1e.
Ante os feitos, os axentes municipais procederon á inmobilización do vehículo e á tramitación das correspondentes denuncias.
Confusión sobre este tipo de vehículos
Na actualidade existe moita confusión sobre este tipo de vehículos, sobre o seu uso, características técnicas, requisitos, etc.
Á hora de mercar este tipo de vehículos, é importante, saber cales son as súas limitacións. Unha primeira clasificación xurídica e técnica sería:
• VMP
• Regulación xurídica na actualidade proxecto de Real Decreto en fase de tramitación).
• Características técnicas: Vehículo dunha ou máis rodas dotado dunha única praza e propulsado exclusivamente por motores eléctricos que poden proporcionar ao vehículo unha velocidade máxima por deseño comprendida entre 6 e 25 km/ h. Só poden estar dotados dun asento ou sillín se están dotados de sistema de auto-balanceo.
• Normas de circulación: Na actualidade existe unicamente unha norma de circulación: prohibición de circular por todo tipo de vías interurbanas, en canto a vías urbanas, os concellos regularan, a través de Ordenanza de tráfico, o seu uso en espazos públicos (En Pontevedra, pendente de aprobación e entrada en vigor da ordenanza).
• De todos os xeitos, ao tratarse dun vehículo, estes deberán respectar todas as normas de tráfico. (non se poderá circular polas beirarrúas, usar calquera dispositivo de audio; obrigación de someterse ás probas de drogas ou alcol, etc) Este tipo de vehículo non require permiso de condución, nin permiso de circulación nin seguro obrigatorio
• Bicicletas con pedaleo asistido ( R.D. 339/2014) É unha bicicleta dotada cun motor eléctrico auxiliar, de potencia nominal continua máxima inferior ou igual a 250 W- A potencia diminúe progresivamente e finalmente interrómpese antes de que a velocidade alcance o 25 km/ h, ou se o ciclista deixa de pedalear.
• Este tipo de vehículo non require permiso de condución, nin permiso de circulación nin seguro obrigatorio.
• Vehículos comprendidos na categoría L1e (regulamento UE 168/2013) Son ciclos destinados para funcionar a pedal que contan cunha propulsión auxiliar que axuda ao pedaleo. Exceden as características de potencia e/ou velocidade igual ou menor de 45 KM/ h ou ata 4.000 W.
Este tipo de vehículos require:
• Permiso de circulación
• Seguro obrigatorio.
• E por último “Ilegais” Son aqueles que non cumpre cos requisitos técnicos e que non contan con homologación técnica de Comunidade Europea). O seu uso está limitado a espazos privados e non poden circular, en ningún momento por vías públicas.
No caso particular deste vehículo que foi inmobilizado pola Policía Local de Pontevedra corresponde a este último grupo “ilegais”. Trátase dun vehículo sen homologación por comunidade europea e que o seu uso limítase a espazos privados.
Moita xente, por descoñecemento, adquire este tipo de vehículos coa convicción de que o seu uso en vías públicas é legal. Desde a Policía Local de Pontevedra aconséllase preguntar ao vendedor as limitacións do seu uso e responsabilidade.
Todos estes vehículos, agás os “ilegais” e incluído bicicletas están obrigados a respectar as normas xerais de tráfico entre as que inclúen, a obrigación de someterse as probas de alcol e drogas, a circular pola calzada e o uso de dispositivos móbiles ase como circular polas beirarrúas.
Noticias de última hora en Vigo