Denuncian a Apple por un fallo nos Macbook Pro que obriga a gastar máis de 500 euros en reparalos

Os modelos posteriores a 2016 teñen un cable de conexión coa pantalla que se desgasta cada vez que se abre ou pecha e pode terminar rompéndoo. O seu arranxo require da substitución do monitor completo.
Por o 12/02/2019 | Sección: FACUA,Social
Denuncian a Apple por un fallo nos Macbook Pro que obriga a gastar máis de 500 euros en reparalos
FACUA-Consumidores en Acción denunciou a Apple Retail Spain SL, a filial española de Apple, ante a Dirección Xeral de Comercio e Consumo da Comunidad de Madrid por un fallo de deseño nos Macbook Pro que obriga a gastar 600 dólares (máis de 500 euros) na súa reparación.
 
Segundo revelaron distintos medios de comunicación, os modelos posteriores a 2016 teñen un cable de conexión coa pantalla que, ao pasar polas bisagras que a unen co resto do equipo, sofre un desgaste cada vez que se abre ou se pecha o portatil e pode terminar rompéndose.
 
Debido a unha decisión de deseño da compañía, a substitución deste cable, que custaría apenas uns cinco euros, resulta imposible pola maneira en que está conectado. Desta forma, faise obrigatorio cambiar toda a pantalla do equipo para poder emprazar un cable novo, o que eleva o custo de reparación en máis de 500 euros.
 
FACUA considera que Apple podería estar a incorrer nun caso de práctica comercial desleal, xa que ao existir este fallo no deseño dos Macbook Pro a empresa non só obtén beneficios da venda dos mesmos, senón tamén da súa reparación.
 
Así, a asociación lembra que a Lei de Competencia Desleal entende “leal por enganosa calquera conduta que conteña información falsa ou información que, aínda sendo veraz, polo seu contido ou presentación induza ou poida inducir a erro aos destinatarios”, entra as que inclúe “a necesidade dun servizo ou dunha peza, substitución ou reparación”.
 
De igual forma, a Lei 11/1988 de Protección dos Consumidores da Comunidad de Madrid, onde ten a súa sede social Apple Retail Spain SL, considera infraccións “as prácticas comerciais desleais cos consumidores de acordo co establecido na lexislación aplicable”.
 
FACUA, ademais, manifesta que dita conduta podería supoñer unha grave lesión ao interese económico dos consumidores debido ao alto prezo da reparación, se se ten en conta ademais que é un defecto que pode xurdir na totalidade dos equipos.
 
A asociación, por tanto, considera que a infracción podería chegar a ser considerada como moi grave e, tal e como recolle o artigo 53.1 da Lei 11/1988, a sanción está establecida en ata 600.000 euros, podendo superar dita cantidade ata alcanzar o quíntuplo do valor dos produtos obxecto da infracción.

Comentar noticia

Your email address will not be published.