Denuncian a Augas de Galicia a paralización inmediata das obras do camiño do Lagares que efectúa a comunidade de montes de Cabral

Lagares Vivo, Equo Galicia e Os Verdes – Galicia Federación denunciaron ante Augas de Galicia a paralización das obras do camiño do Lagares por parte da comunidade de montes de cabral
Publicado por o día 03/10/2016 na sección de Medio Ambiente,Vigo

Denuncian a Augas de Galicia a paralización inmediata das obras do camiño do Lagares que efectúa a comunidade de montes de Cabral

As organizaciós Lagares Vivo, Equo Galicia e Os Verdes – Galicia Federación veñen de presentar unha denuncia conxunta en Augas de Galicia solicitando o cese das obras por mor do incumprimento das condicións impostas á Comunidade de Montes de Cabral no permiso concedido polo organismo autonómico.

Desde as organizacions estan de acordo en que se faga un paseo peonil para devolver ao uso público un espazo que nunca debeu ser de uso privado. Pero ao noso entender existen na actualidade outros modelos construtivos que alteran menos o entorno. din desde as organizacions, cuxo resultado é máis natural e atractivo que o tipo de obras que se están a facer, engaden.

As obras estánse a efectuar de xeito destrutivo coa contorna do río, supoñendo unha agresión evidente ao ecosistema fluvial na súa parte alta, xusto a zona na que presenta un mellor grao de conservación. Concretamente, solicitan a paralización baseándose nos seguintes puntos:

  • Non se están a respectar os 5 metros de servidume a ambas as dúas marxes do río, medidos a partir do punto de máxima enchente, construíndose muros de contención mesmo a menos de 1 metro do Lagares.
  • Incúmprese a prohibición expresa de cortar a vexetación de ribeira na mesma franxa de 5 metros, xa que se está a efectuar unha corta sistemática da mesma.
  • Non se está tendo en conta tampouco a prohibición de depositar áridos na zona de servidume, acumulándose 30 cm por riba de calquera medio de retención, favorecendo a caída deste material ao leito do río.
  • A construcción de muros totalmente verticais de pedra de mamposteria nas marxes do rio, que encouzan o rio e modifican e estreitan totalmente as súas ribeiras naturais, incumpre as características técnicas do proxecto para o que Augas de Galicia concedeu o permiso.

Video da denuncia

Fotos da denuncia