Denuncian a falta de efectivos destinados a garantir a seguridade en sedes xudiciais

Publicado por o día 12/08/2019 na sección de Sindicatos,SUP Galicia

Denuncian a falta de efectivos destinados a garantir a seguridade en sedes xudiciais

No día de hoxe o Sindicato Unificado de Policia reiteraron ao Delegado do Goberno en Galicia e ao Xefe Superior de Policía a urxente necesidade de convocar as vacantes para as Unidades de Vixiancia en Edificios Xudiciais, as cales presentan un déficit superior ao 50%. A última convocatoria foi en marzo de 2017 e desde entón, a pesar de librar anualmente a Xunta de Galicia as partidas para que a DGP retribúa o labor destes axentes, vén sendo necesario contratar Seguridade Privada para suplir este acusado déficit de persoal aseguran desde o Sindicato Unificado de Policia, co custo económico que iso supón e a limitación operativa implícita.
 
No escrito adxunto relaciónanse as vacantes en cada unha das sedes xudiciais de Galicia onde opera a Policía Nacional ao cal tivo acceso NoticiasVigo.es, poden consultalo aquí.