Denuncian a falta dun protocolo ante os posibels contaxios do SARS CoV 2 nos funcionarios públicos do Concello de Vigo

Dende CCOO levamos semanas denunciando que o proceso de reincorporación dos funcionarios municipais tralo confinamento provocado polo Estado de Alarma, acordado de maneira unilateral pola Concellería delegada de organización municipal, realizouse sen garantir o pleno cumprimento dos propios protocolos deseñados polo Servizo municipal de Prevención de Riscos Laborais.

Trala recente xuntanza da Mesa Xeral de Negociación celebrada o pasado martes 4 de agosto, e onde expresamente os sindicatos asistentes tratamos, coa Concelleira delegada de organización municipal, Sra. Espinosa Mangana (entre outras cuestións), o incidente acontecido o pasado domingo co gallo da intervención practicada nun domicilio particular por membros do Servizo de Extinción de Incendios e Salvamento (SEIS), e que, por un fallo nos protocolos de prevención, supuxo o illamento de sete membros da dotación interviñente nos seus respectivos domicilios, para preservar de posibles contaxios do SARS CoV 2 ao resto de membros do servizo, dende esta sección sindical entendemos necesario dar a coñecer, publicamente, a nosa posición fronte ao acontecido.

Esta situación non foi máis que unha concreta expresión -afortunadamente sen maiores consecuencias para a saúde dos funcionarios afectados pola medida-, do que é unha caótica e irresponsable xestión por parte das autoridades municipais que teñen encomendadas as máximas competencias en materia de prevención de riscos laborais.

Cando a esas mesmas autoridades pouco ou nada lles importa suspender ilegalmente, durante ano e medio, o réxime legal de descansos dos funcionarios do SEIS, impoñéndolles un réxime de reforzos igual de ilegal, desoíndo con elo as recomendacións realizadas, anos atrás, polo Servizo de Prevención de riscos Laborais do Concello (que xa advertiu dos riscos para a saúde que ían asociados a esa inxusta medida), pretender agora que esas autoridades mostren unha mínima preocupación ou interese por algo tan <<inocuo>> como é o COVID, sería un exercicio de inxenuidade pola nosa parte.

Dende CCOO levamos semanas denunciando que o proceso de reincorporación dos funcionarios municipais tralo confinamento provocado polo Estado de Alarma, acordado de maneira unilateral pola Concellería delegada de organización municipal, realizouse sen garantir o pleno cumprimento dos propios protocolos deseñados polo Servizo municipal de Prevención de Riscos Laborais.

Levamos semanas esixindo, tamén, a elaboración dun Plan de Continxencia e continuidade no traballo trala crise sanitaria do SARS-CoV- 2, axustado á Norma ISO 22301, tal e como ordena o PROCEDEMENTO DE ACTUACIÓN PARA OS SERVIZOS DE PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS FRONTE Á EXPOSICIÓN DO SARS-CoV-2, elaborado polo Ministerio de Sanidade.

Levamos semanas esixindo que todas as medidas organizativas que se adopten para preservar a seguridade e a saúde dos traballadores se leven a cabo con pleno respecto ao previsto no artigo 18.2 da Lei 31/1995, de 8 de novembro, de prevención de Riscos Laborais, que esixe a preceptiva participación dos representantes sindicais.

Levamos meses -dende marzo- reclamando, con nulo éxito, a celebración periódica e regular das pertinentes reunións do Comité de saúde laboral.

Estivemos meses requirindo e esixindo o subministro permanente e regular de mascarillas e xeles hidroalcohólicos para todos os servizos, e so despois de advertir do exercicio de accións legais, se dignaron os máximos responsables municipais a comezar coa distribución destes materiais (nalgunhas dependencias municipais, como aconteceu coas propias oficinas do Comité de empresa, empezaron a dotarse estes medios a finais do mes de xuño).

Levamos tamén detectando e advertindo á concellería delegada de organización municipal que os propios Protocolos preventivos ante o COVID, elaborados con encomiable rigor polas funcionarias Técnicas de prevención de riscos laborais do Concello, quedaron en papel mollado, precisamente porque esas mesmas autoridades municipais reconduciron aqueles documentos de actuación a un simple formulismo orientado a “cubrir” futuras responsabilidades. Pero ningunha autoridade se preocupou de verificar, realmente, o grao de cumprimento daqueles Protocolos por parte dos distintos servizos, nin por suposto de coordinar as medidas preventivas propostas, nin moito menos, de facilitarlle a cada servizo os medios e recursos necesarios para poñer en funcionamento as medidas deseñadas naqueles documentos técnicos.

Se a prevención da saúde laboral e a seguridade pública dera a metade de votos que dan as <<luces Leds>>, as <<macrofestas>> e os <<marisquiños>>, non tería acontecido aquel incidente no SEIS, ao que nos referimos no encabezamento deste comunicado. Como tampouco tería sucedido algún que outro infausto e coñecido accidente, de públicas e gravísimas dimensións, e que tristemente colocou a esta cidade no punto de mira da prensa nacional, non fai tanto tempo.

Para as autoridades municipais a seguridade dos seus empregados so lles preocupa na medida que os incumprimentos normativos poidan acabar xudicializándose e, aínda así, so cando os pronunciamentos xudiciais poidan suxerir ou evidenciar posibles responsabilidades penais. Fora destes casos, as medidas preventivas na saúde e na seguridade non lles quita o sono. Non dan votos. 

Noticias de última hora en Vigo

SIGUENOS EN TELEGRAM

Comentarios (0)
Publicar comentario