Denuncian a nefasta xestión da xerencia da área de saúde de Vigo cos médicos de familia coa chegada do verán

Por o 30/05/2018 | Sección: Galicia,Vigo
Denuncian a nefasta xestión da xerencia da área de saúde de Vigo cos médicos de familia coa chegada do verán
Compartir en:

A Federación de Sanidade de CCOO de Vigo, quere manifestar unha vez máis a súa disconformidade co destino dos recursos médicos cando chega a época estival.

Novamente os médicos de familia volven a ser “castigados” por non ter nunca sustitución suficiente de xeito que o desfrute de libranzas e permisos vense condicionadas pola falta de sustitucións.

Aos profesionais dos PAC (puntos de atención continuada de urxencias extrahospitalarias) incrementaráselle a xornada a traballar en dúas quendas máis nestes meses por non ter sustitución, de xeito que ven multiplicada a súa xornada laboral para que os seus compañeiros poidan desfrutar de vacacións.

A mesma circunstancia repítese nos centros de saúde, que na súa maior parte non terán sustitución, o que supón que o persoal que non esté de vacacións terá que cubrir o traballo dos compañeiros que as estean a disfrutar. Cómpre lembrar que nos centros que non van dispor de pediatra de tarde (como xa adiantou estes días a xerencia) estés tamen Terán que atendeer aos nenos que acudan a estes centros de saúde.

Ante esta situación a xerencia oferta novas interinidades a todas luces insuficientes. CCOO non acepta pola súa escasez dúa prazas en Cangas, unha en Tui , unha en Moaña e outra en Sárdoma. A área de Vigo necesita mais médicos de familia con carácter urxente.

CCOO esixe unha dotación de médicos de familia suficiente para a área de saúde de Vigo xa que este é o único xeito de garantir unha atención de calidade e sen demoras para todos os cidadáns e doentes da nosa comarca.