Un veciño da cidade de Vigo, Pepe Grillo así faise chamar, vén denunciar na plataforma CHANGE.ORG, o abandono por parte do IGVS do edificio situado en Teixugueiras 15-17 do Concello de Vigo, nestes momentos as 10:15 da mañá leva recollidas 73 sinaturas que seran dirixidas segundo a sua denuncia ao Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS).
A denuncia realizada no portal web manifesta e denuncia
O abandono por parte do IGVS do edificio situado en Teixugueiras 15-17 do Concello de Vigo, unha comunidade composta por 384 pisos, é dunha innegable neglixencia por parte de este, dada a responsabilidade que ten sobre esta edificación.
Alega
Dado que é, á vez, o promotor da edificación e o propietario que ostenta a maior porcentaxe de participación do 51,03 % da comunidade de propietarios.
Di
Son numerosas as deficiencias que manifesta esta construción. Pero para ser breves e concisos referirémonos a unha en concreto, di Pepe Grillo.
A falta de ventilación forzada das zonas húmidas dos pisos que veñen soportando os propietarios e inquilinos (inquilinos maioritariamente do IGVS) desde o ano 2014.
Isto falta de ventilación forzada, debida ao mal funcionamento da instalación de ventilación forzada do edificio, con leva máis aló dos danos estéticos e económicos, como mofos nas paredes; a longo prazo pode ter consecuencias na saúde dos habitantes dos pisos.
Despois de moitas reclamacións por parte de diversos veciños acoden á denuncia publica mediante CHAGE.ORG
Logo de moitas reclamacións ante diversos entes desde o valedor do pobo, valedor do ciudadan, ministerio de industria, etc. Todos con respostas evasivas e sen dar solución aos habitantes da comunidade composta por 384 vivendas.
A resposta que máis subleva aos veciños é a proporcionada polo mesmo IGVS, na cal nunha carta enviada o 22 de novembro de 2016 e número de rexistro de saída 007215.
O IVGS contéstalles que logo de analizar a información solicitada aos servizos técnicos, que:
Aínda que o edificio polas leis vixentes no momento a súa edificación non lle era obrigatorio un sistema de ventilación coas prestacións coas que consta o edificio. (Para iso gastouse niso a cifra nada despreciable de 844.192,04 ?, decisión loable a de poñer instalacións de 1º nivel en edificio de protección oficial.)
Para logo dicir o seguinte:
“Con todo, ou sistema non funcionou correctamente polos desequilibrios existentes entre ou circuíto de extracción e ou de impulsión, debedos a:
Falta de mantemento e limpeza de filtros e reixiñas.
Algúns propietarios tapas as reixiñas dás suas vivendas.
Posible existencia de deficiencias na execución de instalación…”
Para terminar, di que por un acordo de veciños apagouse o sistema de ventilación e que a empresa responsable do mantemento do edificio infórmolles que o sistema de impulsión apagouse, pero deixouse funcionando o sistema de extracción, co cal non se está infrinxindo ningunha normativa.
Ben, en principio di este veciño que é mentira que funciona parcialmente, é mentira que se chegou a un acordo de veciños para apagar parcial ou totalmente o sistema de ventilación. Esa decisión teríase que tomar en xunta de propietarios e quedar reflectida no acta da xunta correspondente.
Cousas que IGVS tería que constatar debido á súa responsabilidade como propietario maioritario e a súa responsabilidade para cos seus inquilinos, e non fiarse de ditos de terceiros.
O IGVS non pode dicir e quedar tan tranquilo que, o sistema de ventilación forzada funciona deficientemente debido a falta de mantemento e limpeza de filtros e rexillas, ou a que os propietarios tapan as rexillas das súas vivendas ou a posibles existencias de deficiencias na execución da instalación.
O IGVS é parte implicada no problema e debe esixir responsabilidades para que o sistema no cal se gastou 844.192,04€ funcione correctamente, xa sexa á mantedora, á administradora da comunidade; por ser o propietario (e o que ten maior peso) ou ao que instalou o sistema se fose un fallo na execución, Pepe Grillo concreta que é a promotora da edificación e o 1º responsable dos vicios que esta poida ter.
O apagado parcial da instalación e deixar funcionando o sistema de extracción, é unha solución paliativa, transitoria, non é lóxico que gastes inxentes cantidades de diñeiro público en algo que logo non se poida usar. E os propietarios que compraron esas vivendas compráronas cunhas prestacións determinadas, que fan ao prezo de compra, se esas prestacións faltan, iso, é unha estafa.
Se che interesa asinar a petición denuncia de dita plataforma asina aquí