Denuncian ante fiscalia do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia a subministración de máscaras defectuosas

Publicado por o día 27/04/2020 na sección de Coronavirus,PROSAGAP,Salud,Sanidad,Sindicatos

Denuncian ante fiscalia do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia a subministración de máscaras defectuosas

O Sindicato Prosagap – Profesionais da Sanidade Galega Pública veñen de presentar no día de hoxe unha denuncia penal ante a Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, a raíz dos feitos acontecidos ao respecto do suministro de máscaras defectuosas nos distintos centros sanitarios pertencentes ao Sergas.

En plena crise sanitaria producida polo virus altamente contaxioso como é o COVID-19, ás sanitarias e sanitarios da sanidade pública galega foilles entregado, por parte do SERGAS e a modo de protección, “máscaras deficientes que non cumprían cuns estándares mínimos de calidade” manifesta o sindicato Prosagap. “Logo de terse identificado a inutilidade de ditos equipos de protección, as autoridades responsables seguiron a promover o seu uso, tardando máis do debido en retiralas e poñéndo así en perigo a saúde de profesionais, pacientes e familiares” denuncia o sindicato.

Dende Prosagap “entendemos que, tanto a falta de comprobación da calidade das mascarillas, como a demora na súa retirada por parte dos responsables, constitúen un atentado contra o dereito á saúde e a integridade física e psíquica dos e das profesionais, pacientes, e das súas familias”. Así mesmo, “entendemos que tamén poido producirse a comisión dun presunto delito contra os dereitos dos traballadores de Omisión de medidas de Seguridade e Hixiene, tipificado como tal no Código Penal”.

O sindicato tildan de responsabels de ditos suceso aos Sres/Sras:

  • Don Jesus Vazquez Almuiña, Sr. CONSELLEIRO DE SANIDADE
  • Don Antonio Fernández-Campa García-Bernardo, Sr. GERENTE DEL SERVICIO GALEGO DE SAUDE
  • Doña Margarita Prado Vaamonde, Sra. DIRECTORA XERAL DE RECURSOS HUMANOS DEL SERVIZO GALEGO DE SAUDE
  • Don Felix Rubial Bernárdez, Responsable de la Gerencia del Área Sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras
  • Doña Eloina Nuñez Masid, Responsable de la Gerencia del Área Sanitaria de Santiago y Barbanza
  • Don Luis Verde Remeseiro, Responsable de la Gerencia del Área Sanitaria de Coruña e Cee
  • Don Julio Garcia Comesaña, Responsable de la Gerencia del Área Sanitaria de Vigo
  • Don Jose Ramon Gomez Fernandez, Responsable de la Gerencia del Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnes
  • Don Angel Facio Villanueva, Responsable de la Gerencia del Área Sanitaria de Ferrol
  • Don Ramon Ares Rico, Responsable de la Gerencia del Área Sanitaria de Lugo, A Mariña y Monforte de Lemos.

“Seguiremos reclamando por todas as vías ao noso alcance un trato digno para os e as traballadoras e sobre todo, a protección da súa saúde e das súas vidas” finalizan no comunicado enviado a prensa.