Denuncian a arbitrariedade do SERGAS ao establecer o calendario de traballo do persoal de enfermaría dos Puntos de Atecnción Continuada da área sanitaria de Vigo

CCOO Sanidade Vigo, denuncia ante a opinión pública a confrontación que está a provocar o Sergas entre o persoal de enfermaría dos Pacs
Publicado por o día 21/11/2016 na sección de CC.OO,Sanidad,Sindicatos,Vigo

Denuncian a arbitrariedade do SERGAS ao establecer o calendario de traballo do persoal de enfermaría dos Puntos de Atecnción Continuada da área sanitaria de Vigo

CCOO Sanidade Vigo, denuncia ante a opinión pública a confrontación que está a provocar o Sergas entre o persoal de enfermaría dos Pacs (puntos de atención continuada das urxencias extrahospitalarias) de Tui e Redondela entre outros.

Nos primeiros anos deste século e ante a escasez de persoal de enfermaría, o Sergas negociou cos sindicatos un acordo que permitía ao persoal dos centros de saúde facer horas extras para dar cobertura a asistencia nos Pac.

Nestes últimos anos a situación mudou, e a día de hoxe hai máis de 1600 profesionais inscritos nas listas de contratacións (que pagan unhas taxas para  poder inscribirse), e que ven como o Sergas lle oferta horas a un persoal xa fixo, recortando así a súas posibilidades de optar a contratos temporais.

A normativa permite facer hasta 600 horas anuais a este persoal voluntario, que para poder encaixar as preferencias  de facelas só en días laborais obriga ao persoaldos propios Pacs a facer una media de 6-7 xornadas máis en fin de semana ao longo do ano, provocando deste xeito un conflicto entre os traballadores, sendo ademáis o propio Sergas quen elabora os calendarios de traballo e incumprindo a equidade que debe rexir para a súa elaboración recollida no acordo.

Cómpre lembrar que este persoal voluntario fai xornada de 7 horas no centro de saúde, logo 17 no Pac e ao rematar enlaza outra vez coa súa xornada ordinaria de 7 horas ao día seguinte totalizando 31 horas de traballo continuadas sen descanso.

Para rematar con esta situación incoherente, CCOO ten denunciado o Pacto dende marzo do 2015, pero o Sergas négase a negociar un novo pacto decindo  que somos o único sindicato que ten interés en mudar esta situación e que ten denunciado o actual pacto.

Dende CCOO rexeitan una vez máis o acordo por absoleto ao non respectar a normativa vixente no máximo de horas extras que se poden facer ao longo dun ano, tampouco cumple en materia de xornada nin en descansos dentro da mesma, e por si fora pouco desprecia ao persoal das listaos de contratacións que se ven obrigados en moitos casos a buscar fora o que aquí se lles nega UN TRABALLO DIGNO.