Denuncian danos nunha das esculturas do Parque Quiñones de León de Vigo

Publicado por o día 02/05/2019 na sección de Galicia,Sucesos,Vigo

Denuncian danos nunha das esculturas do Parque Quiñones de León de Vigo

O parque de Castrelos e o seu pazo pertenceron entre 1678 e 1918 á familia Gago de Mendoza Oca Sarmiento e Montenegro, desde Antonio Feliz Tavarés Ozores e Sotomaior ata Fernando Quiñones de León e Elduayen, marqués de Valladares e de marqués de Mos. Casado con Marianne Wythe, faleceu sen descendencia aos 34 anos, e deixou como herdeiro ao seu pai, Fernando Quiñones de León e Francisco-Martín, III marqués de San Carlos, I marqués de Alcedo e VIII marqués de Montevirgen. Este, ao non ter netos, doou o parque e o pazo ao Concello de Vigo.

No interior do Pazo Quiñones de León hai numerosas esculturas como diversos xardins, no exterior, a transformación da horta traseira do pazo a finais do século XIX, segundo parece coa firma portuguesa Jacintho de Mattos do Porto, ofrece cinco hectáreas con categoría de xardín histórico e unha ruta botánica de alto valor estético. Está dividido en cinco sectores: acceso, roseiras da parte superior, xardín francés, xardín inglés e bosque.

Orientados ao sur, todo o contraste entre os diferentes conceptos de xardín. Ao pé das xanelas, o racionalista: simétrico, estable e proporcionado no que sobresae a escultura vexetal. Na parte baixa, o romántico inglés: estilo subxectivo, camiños imprevistos, especies de crecemento libre e elementos sacados do orientalismo como pavillóns a escala. Destaca o paseo con dobre fila de camelias chamado Paseo de Antonio Odriozola en honra de estudioso deste xénero. Conduce cara ao viveiro e cancha de tenis, que foi pioneira na introdución deste deporte en Galicia cando na ría fondeaban cableros ingleses. Ademais, nesta zona atopamos no bosque unha liña dos eucaliptos plantados en 1872 e un orixinal pombal, onde cría unha colonia controlada de pombas zuritas.

Foi declarado Xardín Histórico e Ben de Interese Cultural en 1955 e dispón dun percorrido sinalizado en linguaxe braille.

Unha das súas esculturas do xardín, patrimonio dos vigueses e viguesas, sufriu un atentado, así foi denunciado por un veciño da cidade, este veciño mentres gozaba do seu tempo de lecer deuse conta que una das fermosas esculturas foi victima dun acto vandálico.

O veciño manifestou este pasado día 29 na súa conta de twitter “nos xardíns do Pazo Quiñones de León, en Castrelos, Vigo, hai unha fermosa imaxe, sempre con flores que alguén deposita” e de seguido manifesta moi anoxado “Pero algún imbécil pensa que é un Picasso e fai prácticas con ela. Por que non vas pintar os collóns do teu pai?”

Este diario dixital soubo que os veciños e veciñas da zona en reiteradas ocasións manifestaron falta de seguridade nos xardíns do pazo Quiñones de León, agardamos que o concello atope ao responsable destas pintadas.