Denuncian a decisión do SERGAS de adxudicar a unha empresa a avaliación do perfil profesional dos seus empregados cun custo de 1.8 millóns de euros

A Consellería de Sanidade ven de adxudicar un contrato a unha empresa -por 1,8 millones- para que diseñe qué variables se deben analizar dun traballador do Sergas para ver quén debe ocupar cada posto
Publicado por o día 29/12/2017 na sección de CC.OO,Sanidad,Sindicatos

A federación de sanidade de CCOO de Galicia, DENUNCIA a decisión do Servizo Galego de Saúde de adxudicar a unha empresa externa por 1,8 millóns de euros un contrato para xerar un “mapa de talento” dos traballadores do SERGAS.

Esta decisión supón por tanto deixar en mans dunha empresa a análise das capacidades de cada traballador para ocupar determinado posto. Unha vez máis o SERGAS é incapaz de facer unha valoración de postos de traballo.

Para CCOO non é aos traballadores a quen avaliar, xa que no día a día responden positivamente co seu traballo, a pesares dos contínuos recortes de persoal e dos orzamentos. Polo contrario quenes deberían ser avaliados son os responsables de malgastar case 2 millóns de euros neste “invento,” e responsables do deterioro evidente da sanidade pública