Denuncian en base a estudos e análises, que os niveis de E. Coli, xa inagurada a nova EDAR do Lagares seguen por enriba do máximo legal

Segundo un estudo independiente ao que tivo acceso a formación galegista, teñen rexistrado analiticas con 100.000 UFC/ml, un nivel 10 veces por encima do máximo legal establecido pola lexislación europea.
Por o 11/05/2018 | Sección: Compromiso por Galicia,Galicia,Política,Vigo
Denuncian en base a estudos e análises, que os niveis de E. Coli, xa inagurada a nova EDAR do Lagares seguen por enriba do máximo legal

A forza galeguista CxG fai un chamamento para a revisión do funcionamento da EDAR do Lagares xa que segundo indican existen verquidos de augas sen tratar, procedentes dos colectores de augas pluviais e que teñen relación cos días de fortes precipitacións. Neste sentido, as fortes precipitacións do mes de Abril marcan puntas de contaminación importantes relacionadas co vaciado que se fai destes colectores e onde parece ser, segundo as propias conclusións do estudo, existe unha mezcla con augas residuais.

En palabras de Cortés Alonso, secretario local de Compromiso: “A nosa denuncia é un chamado ás diversas administracións para que vixilen e controlen o bo funcionamento dunha infraestrutura básica para a ria de Vigo e o seu saneamento”.

No estudio existe unha das mostras, a recollida o dia 8 de Abril, onde os niveis de contaminación detectados nas análises son 10 veces superiores ao máximo legal. Neste sentido, apuntan tamén que a equipa que elaborou o estudo seguira a tomar mostrar e a facer analíticas, un traballo que levan facendo desde decembro de 2017.

Os datos son preocupantes e ainda que mostrando tamén unha baixada nos niveis en referencia à posta en marcha da nova EDAR, os picos de contaminación son maiores que con anterioridade á posta en marcha da propia depuradora. Por último os galeguistas apuntan a Aguas de Galicia e ao Concello de Vigo que hoxe mesmo recepciona a pranta de tratado de augas residuais para que tomen as medidas técnicas precisas e leven a termo as análises oportunas sobre a zona, xa que resultan preocupantes estes altos niveis detectados de contaminación por fecais.