Denuncian a gravidade das listas de espera cirúrxicas nos hospitais de Vigo

Un novo peche de camas nos hospitais vigueses coa chegada do verán vai contribuir ao incremento das listas de espera, as maiores de toda Galicia.
Por o 17/05/2017 | Sección: CC.OO,Galicia,Sanidad,Sindicatos,Vigo
Denuncian a gravidade das listas de espera cirúrxicas nos hospitais de Vigo

A Executiva Comarcal de Vigo da Federación de Sanidade de CCOO, denuncia as listas de espera nos hospitais de Vigo, as máis grandes de Galicia e unhas das maiores do estado. A chegada dun novo peche de camas nos meses do verán, non fará máis que incrementar as mencionadas listas de espera.

Como exemplo, unha cita presencial para oftalmoloxía ten unha demora dun ano e as de xinecoloxia outro tanto. No caso de que desta consulta derívase nunha intervención cirurxica a espera multiplícase. Unha cita para unha tele colsulta da especialidade de endocrino, unha das máis castigadas, pode tardar uns 3 meses, e se despois o doente precisa cita presencial, engádense 6 meses mais .

CCOO esixe a apertura de tódalas camas xa pechadas, e o pleno funcionamento das que se preveen pechar no verán, e insiste nun plan de choque, aproveitando a baixada da actividade nos meses de verán, para reducir sustancialmente a espera dos doentes na área de Vigo.