Denuncian o incumplimento do convenio por parte da directora do asilo “DIVINA PASTORA” de Vilagarcía

Publicado por o día 02/11/2016 na sección de CC.OO,Galicia,Sanidad,Sindicatos,Vigo,Vilagarcia

Denuncian o incumplimento do convenio por parte da directora do asilo “DIVINA PASTORA” de Vilagarcía

A executiva da Federacion de Sanidade e Servizos Sociosanitarios de Galicia de CCOO, denuncia o incumplimento por parte da directora do asilo “DIVINA PASTORA” de Vilagarcía do actual convenio colectivo que vincula as empresas e traballadoras-es do sector de residencias privadas de terceira idade. Néganlle días libres, permisos,compensacións económicas por festivo, roupa de traballo, etc.

A directora, CELINA REY, ante as peticións das representantes das traballadoras de cumplimento, mostrouse prepotente e arrogante, manifesta agora que descoñece o convenio colectivo en vigor. Convenio firmado entre outros por ela, sendo ademais, parte activa na negociación do convenio e das posteriores comisións de seguimento e polo tanto os seus flagantes e reiterados incumplimentos teñen maior gravidade.

CCOO, apoia a loita das traballadoras e saúda a firmeza e responsabilidades das delegadas sindicais de CCOO, e apoiará calquer medida de presión e denuncia que delegadas e traballadoras decidan emprender.