Denuncian o incumprimento do compromiso do SERGAS de reabrir as camas pechadas nos hospitais de Vigo rematado o verán

O xerente anunciara que o peche sería perante os meses de veran, e rematado o verán e rematado setembro as camas seguen pechadas
Por o 06/10/2016 | Sección: CC.OO,Sanidad,Sindicatos,Vigo
Denuncian o incumprimento do compromiso do SERGAS de reabrir as camas pechadas nos hospitais de Vigo rematado o verán

A Executiva Comarcal de Vigo da Federación de Sanidade de CCOO, denuncia o incumplimento por parte da xerencia do CHUVI sobre o peche de camas. O xerente anunciara que o peche sería perante os meses de veran, e rematado o verán e rematado setembro as camas seguen pechadas.

Neste intre SEGUEN PECHADAS as seguintes camas

HOSPITAL DO MEIXOEIRO:

As dúas alas da planta  3ª…TOTAL  60 camas

Unha ala da planta 4ª……….TOTAL 30 camas

Unha ala da planta 5ª ………TOTAL 30 camas

Unha ala da planta 6ª ………TOTAL 30 camas

HOSPITAL ÁLVARO CUNQUEIRO:

30 camas pechadas de ORL e neuroloxía

CAMAS PECHADAS ……….150 camas

A realidade demostra que o Hospital do Meixoeiro co desmantelamento da UCI, non xoga ningún papel relevante nas intervencións cirúrxicas. O xerente Rubial e o conselleiro Almuiña poden seguir falando do número de intervencións, pero o certo é que a inexistencia dunha unidade de críticos impide que no Meixoeiro axude con intervencións complexas, e por isto a derivación de doentes a clínicas privadas de Vigo e Pontevedra.

CCOO esixe a apertura de tódalas camas pechadas, o pleno funcionamento do Hospital do Meixoeiro cunha unidade de críticos e seguiremos a apostar polo rescate do Hospital Álvaro Cunqueiro.