Denuncian o mal funcionamento da cociña dos hospitais de Vigo, que está a afectar moi negativamente tanto aos seus traballadores como aos doentes

Por o 29/01/2018 | Sección: CC.OO,Sanidad,Sindicatos
Denuncian o mal funcionamento da cociña dos hospitais de Vigo, que está a afectar moi negativamente tanto aos seus traballadores como aos doentes

A federación de sanidade de CCOO de Vigo denuncia o mal funcionamento da cociña dos hospitais de Vigo, que está a afectar moi negativamente tanto aos seus traballadores como aos doentes.

Desde a apertura do Hospital Álvaro Cunqueiro , CCOO ven denunciando as pésimas condicións nas que se mantén ao Hospital do Meixoeiro. A cociña desde a súa privatización convertiuse nun auténtico pesadelo, tanto para os profesionais que traballan nela, como para os usuarios, que son os que levan a peor parte.

Os doentes están a soportar semanas de comidas e dietas que nin son adecuaas ás súas patoloxías nin reúnen as condicións óptimas para o seu consumo. As dietas por túrmix non respectan a textura, as dietas de doada masticación non reúnen as condicións, o procedimiento de reconstitución da comida no é óptimo, sérvense os alimentos sen a temperatura axeitada, e un largo etcétera de despropósitos.

CCOO insta unha vez máis á xerencia e á comisión de nutrición a que dunha vez solucionen a situación exisindo á empresa concesionaria que cumpla co comprometido no contrato que se lle adxudicou. Cómpre que dunha vez se dispoñan os recursos de persoal necesarios e non se escatime na inversión nas dietas necesarias para cada un dos doentes ingresados. Xa pasou o tempo da “adaptación”, é o tempo de cumprir coas necesidades dos cidadáns.