Denuncian novamente o caos no servizo de urxencias do Hospital Álvaro Cunqueiro

Así ás 8 da mañán de hoxe había 45 ingresos sen cama e os pasillos cheos de pacientes
Publicado por o día 31/01/2017 na sección de CC.OO,Sanidad,Sindicatos,Vigo

Denuncian novamente o caos no servizo de urxencias do Hospital Álvaro Cunqueiro

A executiva comarcal da federación de sanidade de CCOO de vigo ven denunciar un novo caos no servizo de urxencias do Hospital Álvaro Cunqueiro, e xa son demasiados.

No día de onte foi un goteo continuado no servizo de urxencias que cos recursos disponibles non pudo absorber a demanda. Así ás 8 da mañán de hoxe había 45 ingresos sen cama e os pasillos cheos de pacientes.

Esta mañán os ingresos derivados a outros centros, fundamentalmente ao Hospital do Meixoeiro, chegaban en ambulancias con 3 pacientes cada ambulancia. Hoxe abriron 30 camas máis no Hospital do Meixoeiro na terceira planta, ala 1 e as outras 30 da terceira ala 2 non puderon abrirse por non ter material.

CCOO denuncia que agora estanse a pagar o denunciado desde o ano 2015, o recorte de camas na área sanitaria de Vigo. Ás 2006 camas anunciadas ata maio de 2015, as recortaron ata as 1260. As 1465 camas do Álvaro Cunqueiro quedaron en 845 e recortaron tamén camas no Hospital Nicolás Peña e no Meixoeiro, ademáis neste hospital mantiveron neste último ano e medio ata un 50% das camas pechadas.

O servizo de urxencias do Álvaro Cunqueiro sufriu ademáis un recorte das camas de observación en máis dun 50% e cunha plantilla insuficiente.

Non é un problema puntual como din, son os recortes e a privatización da xestión o que incide nos colapsos en urxencias e no récord en listas de espera de Galicia e das maiores de España.

CCOO esixe un plan de choque imprescindible para solucionar os graves problemas que sofren os cidadáns da comarca de Vigo. Esixen a apertura durante todo ano das camas do Meixoeiro e o desdoblamento de camas no Cunqueiro, en ámbolos dous caso co persoal/cama necesario; a dotación dunha unidade de críticos dimensionada para que podan acometerse intervencións de maior complexidade. Do mesmo xeito pedimos a apertura de quirófanos polas tarde e demais servizos centrais: raios, laboratorio, etc. Lembrar que o Hospital do Meixoeiro, antes de ser recortado, tiña previsto contar con 100 camas destinadas a cirurxía programada.