Denuncian novamente verteduras ilegais sen depurar á ría de Vigo en Vigo

Publicado por o día 17/11/2020 na sección de Concello de Vigo,Galicia,Medio Ambiente,Social,Vigo

Denuncian novamente verteduras ilegais sen depurar á ría de Vigo en Vigo

Unha vez mais e durante os últimos cinco días, a “Plataforma Pola Defensa da Ría de Vigo “CÍES”, cuio ambiento de actuación, de acordo aos nosos estatutos, é, Toda a Ría de Vigo – Aldan a Guarda”, podemos comprobar como se vertían a ría augas sen depuración previa en Teis, aliviadeiro da EDAR, Alividoiro do pozo de bombeo da perpendicular da Rúa Coruña, Alcabre, entre outras.

Esta Asociación ten presentado nos últimos anos, múltiples denuncias das verteduras de augas fecais á ría, orixinadas nos aliviadoiros da rede de colectores de marxe de ría do saneamento municipal de Vigo, así tamén nas Estacións depuradoras de augas residuais, con maior gravidade a de Teis.

Incomprensiblemente séguense producindo as mesmas verteduras a día de hoxe sen que esa Administración Pública, Concello de Vigo, tome as medidas oportunas para impedir a constante e permanente contaminación das augas da ría de Vigo das que a súa calidade é o elemento que fundamenta os postos de traballo de miles de traballadores e traballadoras do mar.

É sabido que a empresa concesionaria Aqualia é a responsable por contrato de tales atentados contra o medio natural, pero non o é menos o concello de Vigo xa que ten a obriga de facer cumprir o prego de condicións así coma a de empregar os sistemas de control necesarios e a incoación dos expedientes disciplinarios pertinentes. Dáse a circunstancia que todas as verteduras contaminantes teñen algo en común, é o nefasto funcionamento depurativo das EDARS da ría de Vigo (neste caso a de Teis), e a apertura das comportas dos aliviadoiros ou a paralización dos pozos de bombeo da rede municipal de Vigo e que en multitude de ocasións puidemos comprobar e testificar con reporteiros xornalísticos así como cos testemuños e denuncias veciñais das diferentes zonas que nos ilustran con reportaxes fotográficas e vídeos esta semana pasada (pódense observar nas redes sociais).

Esta asociación lamenta profundamente a irresponsabilidade das institucións nas que confía a cidadanía que deben velar pola saúde do medio ambiente sobretodo despois de ter feito o investimento máis importante ata agora en materia de depluración como é a EDAR do Lagares.

Non está no noso ideario ecoloxista calar e mirar para outro lado, está denunciar enerxicamente ditas verteduras contaminantes das que é responsable o concello de Vigo. Denunciar a posta en risco dos postos de traballo do mar e denunciar o perigo de consumir malos productos pola mala calidade das augas.

Incidir que ao longo de moitos anos temos presentadas multiples denuncias nos rexistros municipais dos concellos da ría (en Vigo), na Xunta de Galicia, no Estado Español e no Parlamento Europeo. É grazas ó que se teñen acadado melloras, que non solución, ós problemas de contaminación por verteduras contaminantes de orixe humana. Sabedores de que o Planeta non soporta tanta desidia humana e sendo fieles ós nosos principios como asociación ecoloxista por todo o anteriormente exposto

SOLICITAMOS

a) Establecer o protocolo pertinente para que os departamentos municipais competentes e responsables desta área poidan exercer os controis dun xeito efectivo en base a un correcto funcionamento das redes de saneamento, estacións de bombeo e das EDARS.

b) Esixir á empresa concesionaria da xestion e tratamento de augas residuais o cumprimento do servizo contratado e, dado o caso, como na actualidade, incoar os expedientes sancionadores que correspondan así coma as demandas legais por incumprimento de contrato.

c) Desconectar da rede de saneamento fecal as augas pluviales e así diminuir a carga nos colectores de marxe de ría e das estacións de bombeo para que non se volvan abrir os aliviadeiros nos días de chuvia a ría.

d) Deseñar o proxecto pertinente para un saneamento separativo, destinar a partida presupostaria xestionada perante os Organismos que corresponda e executar as obras á maior brevidade. A recuperación do investimento sería a curto prazo grazas aos beneficios acadados para a economía da comarca de Vigo.

Comentar noticia

Your email address will not be published.