Denuncian o abandono do estacionamento de Foxos

A Asociación convoca unha asemblea veciñal, este xoves 22 ás 17:30 horas
Por o 21/03/2018 | Sección: A.V. Teis,Galicia,Social,Vigo
Denuncian o abandono do estacionamento de Foxos
Compartir en:

A Asociación Veciñal de Teis, quer denunciar o abandono do estacionamento público da 1º Travesía de Foxos. Achegamos fotos.

No estacionamento público de Foxos,  hai un número importante de fochancas de gran tamaño, a presenza de lixo e abundante vexetación que rodea este espazo público.

Debemos ter en conta que este estacionamento público, usase pola veciñanza que vai mercar ao mercado ou aos comercios da rúa Sanjurjo Badía.

O abandono deste espazo público xa foi denunciado en varias ocasións desde xullo de 2016.

En Teis, padecemos un grave problema de falta de espazo para estacionar, no seu momento acondicionouse este terreo que destinouse como estacionamento, que agora atopase nun absoluto abandono.

Esta situación indica unha falta de capacidade de xestión por parte do goberno municipal de Vigo, que basea a súa xestión en moita propaganda.

A Asociación Veciñal de Teis,  convoca unha asemblea este xoves 22 de marzo ás 17:30 horas, na rúa da 1º travesía de Foxos, a altura da oficina de correos, para valorar que medidas tomar para esixir unha actuación do Concello de Vigo.

Desde a Asociación, esiximos o asfaltado do estacionamento, a retirada do lixo, cortar a vexetación do espazo e do seu entorno.