Denuncian o abandono do parque público da ETEA

Publicado por o día 08/05/2019 na sección de A.V. Teis,Galicia,Social,Vigo

Denuncian o abandono do parque público da ETEA

A Asociación Veciñal de Teis ven denunciar unha vez máis a falta de mantemento e o abandono do parque público da ETEA. Hai lixo tirado, as papeleiras están cheas de lixo, as zonas verdes están abandonadas.  É necesario que se realice periodicamente o mantemento deste parque,  recollida das papeleiras, do lixo, cortar a vexetación  e espazos verdes.   A Asociación Veciñal de Teis, a pasada semana dirixiu por escrito Consellaría de Facenda, pois na actualidade a Xunta é a responsábel deste parque.

Tamén queren denunciar que os traballos de corta das árbores e do mato no entorno do parque publico hai uns meses, por parte do Concello de Vigo, provocaron danos no peche do parque especialmente no valado da pista de patinaxe, feitos dos que ten coñecemento a Concellaría de Parques e Xardíns.

Desde a Asociación Veciñal de Teis, defenden que este parque aínda que foi realizado pola Consellaría de Infraestruturas, o lóxico é que asumira o seu mantemento o Concello de Vigo,  ao ser unha competencia municipal e o Concello de Vigo encargase  do paseo marítimo e da praia da Punta, espazos lindeiros con parque público.

A Asociación Veciñal de Teis, acusaman a Xunta de Galiza e o Concello de Vigo, da situación de abandono do parque público da ETEA. A falta de coordinación e entendemento entre ambas administracións, que non é a primeira vez que se producen a ETEA,  só prexudica a veciñanza de Teis, como vemos con claridade no caso do parque publico.