Denuncian o peche de 150 camas no Hospital do Meixoeiro

Publicado por o día 27/03/2018 na sección de CC.OO,Galicia,Sanidad,Sindicatos,Vigo

Denuncian o peche de 150 camas no Hospital do Meixoeiro

A executiva comarcal da federación de sanidade de Vigo de CCOO, DENUNCIA o peche de 150 camas no Hospital do Meixoeiro.

CCOO, discrepa das reiteradas afirmacións da xerencia do CHUVI de que as camas están para ser utilizadas cando sexan necesarias. Neste momento e noutros son, foron e serán necesarias todas as camas e mais se as houbese como así debería ser, lembrar o recorte dun 40% das camas no novo hospital sobre as previstas inicialmente, o recorte tamén no Hospital Nicolás Peña e o permanente peche de camas no Meixoeiro.

Para CCOO, estas camas e as previstas pechar no verán (180 no Meixoeiro e 70 no Álvaro Cunqueiro) son necesarias para solucionar os problemas nas urxencias e fundamentalmente para reducir a escandalosas listas de espera, a maior de Galicia e das maiores de España. 1/3 das listas de espera de Galicia, pertenecen a área sanitaria de Vigo.

CCOO, insiste na necesidade de que o conselleiro Vázquez Almuiña cumpla con su promesa electoral de dotar o Hospital do Meixoeiro cos medios necesarios que permitan optimizar os seus recursos. Por elo esiximos unha vez mais contar cunha unidade de críticos que permitan realizar intervencións cirúrxicas de maior complexidade. CCOO tamén esixe dotar axeitadamente as plantillas en atención especializada e primaria.

Vigo conta con soio 6 camas mais que antes da inauguración do novo hospital e unha peor xestión dos recursos. CCOO demanda o funcionamento do 100% dos recursos, tamén en verán, xa que nun estudo feito desde CCOO no ano 2014 e hoxe a situación e similar, demostrábamos que con todas as camas operativas, cos quirófanos funcionando de mañá e tarde e con contratación de persoal na quenda de tarde as listas de espera disminuirían considerablemente, concretamente en 4.680 pacientes.