Denuncian o perigo dun muro na Baixada a Igrexa en Teis, con continuos desprendementos

É urxente a construción dun novo muro, ampliando a Baixada
Por o 26/03/2018 | Sección: A.V. Teis,Galicia,Social,Vigo
Denuncian o perigo dun muro na Baixada a Igrexa en Teis, con continuos desprendementos

A Asociación Veciñal de Teis, quer denunciar o perigo que supón o muro dunha finca privada na Baixada a Igrexa, debido aos continuos desprendementos (5 neste ano). Os últimos na noite do pasado venres, o que provocou incluso o peche o paso da veciñanza e vehículos. A policía local, o pasado sábado a noite, procedeu a colocación de valados e sinalización.

Este muro pecha unha finca abandonada, desde hai anos que presenta un moi mal estado de conservación e supón un grave perigo para veciñanza, pois hai risco de máis derrubes.

No tramo entre os números 31 e 54, onde prodúcense os derrubes e o tramo máis estreitos da Baixada, e onde hai dificultades para o paso vehículos de emerxencias ( ambulancias, bombeiros,…).

Desde hai anos, reivindicase a construción dun novo muro que permita ampliar a Baixada a Igrexa, incluso o actual Alcalde, Abel Caballero, comprometeuse nunha campaña electoral diante da veciñanza a realizar este muro.

A Asociación veciñal de Teis, dirixiuse por escrito a pasada semana as Concellarías de Urbanismo e Fomento, para esixir a toma das seguintes medidas:

  • A retirada dos restos do muro caído.

  • Esixir ao propietario que tome as medidas necesarias para evitar novos derrubes.

  • Que o Concello, previa cesión de terreo polos propietarios, elabore un proxecto que permita facer un novo muro e a ampliación da Baixada a Igrexa, no tramo máis estreito entre os números 31-54.

Por último, desde a Asociación veciñal de Teis, entendemos que máis ala de realizar unha actuación inmediata coa retirada dos restos dos muros e evitar novos desprendementos, é urxente a construción dun novo muro coa ampliación da Baixada a Igrexa.