Denuncian que os colapsos das urxencias son consecuencia dos recortes

A federación de sanidade de CCOO de Galicia, ante os colapsos en urxencias dos hospitais galegos
Publicado por o día 16/01/2017 na sección de CC.OO,Sanidad,Sindicatos,Vigo

Denuncian que os colapsos das urxencias son consecuencia dos recortes

A federación de sanidade de CCOO de Galicia, ante os colapsos en urxencias dos hospitais galegos, ven a manifestar que a situación de caos e saturación é consecuencia da planificación da consellería de sanidade, mais preocupada en recortar recursos sanitarios, persoal e medios que en satisfacer as demandas de profesionais e usuarios. Desde o sindicato veñen a lembrar a perdida de 1,800 empregos públicos, contratacións precarias, pérdida de centenares de camas hospitalarias, redución de camas de observación, etc.

CCOO, parécelle unha broma de mal gusto que o presidente da Xunta de Galicia pida ir a atención primaria para non colapsar os hospitais. Se manifestan decindo a Feijoó que el é o responsable da liquidación do PLAN MELLORA DE ATENCIÓN PRIMARIA asinado por sindicatos, asociacións profesionais e administración que prevía o incremento necesario de profesionais e contar con 66 centros de saúde máis. A isto engádese a falta de sustitucións de pediatras, médicos de familia, enfermaría, etc,  e con listas de espera ata de 10 días, parece evidente que as palabras do presidente da Xunta de Galicia son un brindis ao sol, engaden desde o sindicato.

A situación de amoreamento de pacientes, é un atentado a dignidade das persoas. CCOO esixe un trato digno para os doentes que tamén facilitará o traballo dos profesionais.

Comisions obreiras esixe, unha vez máis, medidas URXENTES co funcionamento do 100% dos recursos: tódalas camas funcionando, contratación de todo persoal ausente e ademais de novas contratacións. Medidas que deberían ter en conta que “as necesidades están cambiando co envellecemento da población, con pluripatoloxía”, un segmento poblacional a quen a gripe afecta mais.

CCOO, ante previsións de maior complexidade, esixe ao conselleiro de sanidade respostas inmediatas para non agravar ainda máis a situación, e esixe responsabilidades sanitarias e políticas, incluíndo o cese inmediato de tódolos xerentes que non estiveron nin están a altura da situación.