Denuncian os colapsos dos últimos días nas urxencias do Hospital Álvaro Cunqueiro

A executiva comarcal de Vigo da federación de sanidade de CCOO, denuncia os colapsos dos últimos días nas urxencias do Hospital Álvaro Cunqueiro
Publicado por o día 30/12/2017 na sección de CC.OO,Sanidad,Sindicatos

Denuncian os colapsos dos últimos días nas urxencias do Hospital Álvaro Cunqueiro

A situación vivida nestes días e noutras épocas do ano, ten motivos claros e previsibles e ten responsables identificados. Botarlle a culpa a climatoloxía, a mala utilización do servizo por parte dos usuarios é botar balóns fora. E o  que resulta “esperpéntica” e a petición do Conselleiro de sanidade de “acudir a urxencias de forma escalonada”. Como si acordaran poñerse “malos” de forma planificada.

Non, os problemas das urxencias están perfectamente identificados di a executiva comarcal de Vigo da federación de sanidade de CCOO.

Deficit de camas hospitalarias. Contamos cun hospital novo e cas mismas camas.

Recorte dun 40% do espazo do servizo de urxencias sobre o inicialmente previsto.

Pouca planilla e non suficentemente reforzada nos días de maior afluencia de usuarios.

Non sustitución de persoal de atención primaria. No caso dos pediatras especialmente grave, xa que as derivacións directas o hospital son unha das causas do incremento de nenos-as destes días.

Os cidadáns da comarca de Vigo, estamos pagando a DECISIÓN POLÍTICA de modificar a estructura do que tiña que ser un HOSPITAL 100% PÚBLICO, con 1.465 camas e cun servizo de urxencias que cubrira as necesidades, por outro recortado en camas, servizos e cun coste dunhos 70 millóns de € durante 20 anos.

CCOO, pide solucións inminentes e non ir detrás dos acontecementos e para elo como 1ª medida esixe a apertura de todas as camas do Hospital do Meixoeiro e o desdoblamento das habitaciones necesarias que son individuais en dobres.