Denuncian os colapsos que se están producindo nos servicios de urxencias (especificamente no CHUS de Compostela) e na atención nos Centros de Saúde

Publicado por o día 31/12/2017 na sección de Sanidad

Denuncian os colapsos que se están producindo nos servicios de urxencias (especificamente no CHUS de Compostela) e na atención nos Centros de Saúde

A Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública (AGDSP) ven a denunciar á opinión pública, os colapsos que se están producindo nos servicios de urxencias (especificamente no CHUS de Compostela) e na atención nos Centros de Saúde.

Antes do verán, membros da AGDSP reuníronse co Director Xeral de Sanidade, nunha ocasión, e ca Xerenta da Área Sanitaria de Santiago, noutra.  A Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública avisaron, xá entón, do que sucedería, tanto en verán co peche de camas e servizos, como cando chegara a epidemia da gripe.

A pesar dos recortes o SERGAS nin tan siquera adopta as medidas oportunas para facer fronte á situacións que se repiten cada ano e que xeran problemas a pacientes e familias

Por que no Sistema Sanitario Galego, non se ten unha previsión tanto de aumentar camas, servizos como de ter o persoal suficiente para facer fronte a algo que sabemos vai ocorrer?, preguntanse desde a AGDSP.

Por que temos que sufrir os doentes a falta de previsión dunha administración que sabendo que isto ocorre tódolos anos…….non fai nada, e o fía todo a responsabilidade dos profesionais?, preguntanse desde a AGDSP.

Porqué non se substitúe os profesionais, tanto nos hospitais como nos centros de saúde?, preguntanse desde a AGDSP.

Si as xerencias, saben con meses de antelación, qué traballadores van a estar nun momento determinado,  porqué non se poñen os medios para buscar, dende xá, os substitutos?, manifestanse desde a Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública.

Nos hospitais colapsos…… e nos Centros de Saúde, estes días estase solicitando por parte dos veciños de Touro, O Pino, Arzúa, Melide e Outes que se substitúa os pediatras que non están. Resposta da xerencia: si fai falta aumentar camas, servizos, profesionais: farase (a toro pasado). A realidade é teimuda e vemos que non é así.

O Presidente da Xunta dixo onte que os casos son puntuais….pero non son casos puntuais, senon persoas enfermas que sofren as consecuencias, unha vez mais, da falta de compromiso desta xunta co Sistema Sanitario Público Galego.

Dende a AGDSP esixen

Esixen a administración que inverta na Sanidade Pública Galega, poñendo os medios necesarios para defender o ben máis preciado que temos que é a SAÚDE.