Denuncian a política da “precariedade” nas contratacións do SERGAS en Vigo

Publicado por o 19/05/2017
Denuncian a política da “precariedade” nas contratacións do SERGAS en Vigo

A Executiva Comarcal de Vigo da Federación de Sanidade de CCOO, denuncia a política de contratacións do SERGAS. Por unha banda reduciu as contratacións a menos da metade desde o ano 2010 e por outra precarizó a contratación ata limites intolerables.

O Sergas habitualmente contrata por días soltos ou por horas, cando máis dunha vez, tiña que realizar contratos estables.

CCOO contabilizou tras un estudo, que no ano 2016 o sergas formalizou en Vigo preto de 46000 contratos, e destes máis da metade en acumulacións de tarefas. E iso cunha plantilla na nosa área sanitaria de menos de 7000 traballadores.

Comisions Obreiras, que desde hai un ano, viña demandado unha OPE EXCEPCIONAL que rematara coa precaridade e a contratación en fraude lei, agora esixe do SERGAS que cumpla co compromiso acadado no acordo de Madrid, no que recoñecían que das 34.057 prazas do Sergas, 7660 son prazas de interinos ou prazas estructurais cubertas en fraude de lei. Por esta razón, CCOO defende unha oferta pública de emprego (OPE) baseada nos criterios do acordo asinado recentemente en Madrid, polo que se converterían en fixas o 90 % destas prazas, o que obrigaría a convocar, cando menos, 6894 postos.

CCOO non asinou o acordo de Galicia, asinado por Recursos Humanos do SERGAS e CISF, SATSE e CESM-OMEGA, polo non recoñecemento das prazas reais en Galicia e propor unha OPE en outono reducindo drasticamente as prazas reais.

O sindicato esixe que o SERGAS cumpla co compromiso da dirección de función pública de Galicia que notificou as prazas ao ministerio de sanidade recoñecenco unha tasa de temporalidade dun 22%.

Noticias de última hora en Vigo

Comentar noticia

Your email address will not be published.

ANUNCIOS DESTACADOS EN VIGO

crear anuncio

Amura Restaurante

http://www.amuravigo.es

Gran variedad de pescados, carnes, mariscos y pastas en Carral 32

Servicios web

http://www.donwebmaster.com

Dominios, hosting, diseño web, redacción, .. al mejor precio

ARI

http://editorialcirculorojo.com

El libro de Luis Soler con una historia que te sorprenderá