Denuncian presenza de petróleo potencialmente canceríxenas en bálsamos labiales para nenos

Dos 15 bálsamos labiales analizados por OCU, 13 deles conteñen MOSH ou MOAH, substancias derivadas do petróleo potencialmente canceríxenas
Publicado por o día 25/02/2019 na sección de OCU,Social

Denuncian presenza de petróleo potencialmente canceríxenas en bálsamos labiales para nenos

A Organización de Consumidores e Usuarios ( OCU) analizou 15 bálsamos labiales infantís para comprobar se na súa composición incluían MOSH (Mineral Oils Saturated Hydrocarbons) e/ou MOASH (Mineral Oils Aromatic Hydrocarbons), substancias tóxicas derivadas do petróleo potencialmente canceríxenas.

Todos os labiales analizados contan cun envase deseñado para atraer a atención dos máis pequenos (sabores atrayentes, de refrescos anunciados en televisión, de personaxes de debuxos animados ou mesmo cun complemento de agasallo) e poden atoparse en calquera tipo de comercio, non só en farmacias e parafarmacias.

Segundo a análise de OCU, dos 15 produtos analizados, só dous deles non conteñen MOSH nin MOAH, ao non estar elaborados con aceites minerais. Outros catro non conteñen MOAH, pero si MOSH por baixo do 10%, un límite apto só para nenos de máis de 16 quilos ou maiores de 6 anos. Outros dous dos analizados, en cambio, si superan esta porcentaxe do 10%, polo que non deberían ser utilizados en ningún caso. E o resto, sete, non conteñen MOSH, pero si MOAH, unha impureza indesexable independentemente da concentración achada.
OCU aclara que, no caso de MOSH, dada a súa toxicidade e a falta dunha normativa sobre a súa presenza en produtos cosméticos, a asociación europea de fabricantes “ Cosmetics Europe” recomenda que non se supere o 5% da substancia neste tipo de produtos. En canto aos MOAH, pola súa banda, a Autoridade Europea de Seguridade Alimentaria non permite a súa presenza nos alimentos, xa que algúns tipos destas substancias poden alterar o ADN e resultar canceríxenas.
Con todo, no caso dos cosméticos, como os de uso labial, non existen restricións en canto á presenza destas substancias, a pesar de que se poden chupar ou tragar, especialmente no caso dos nenos. Por iso, a Organización de Consumidores e Usuarios esixe que se lexisle tamén sobre estes contaminantes nos cosméticos e pide aos fabricantes e distribuidores que busquen unha solución e eviten vender produtos que poidan poñer en perigo a saúde.
Aos consumidores, OCU recomenda elixir produtos labiales sen derivados do petróleo. Para identificalos, débese consultar a lista de ingredientes e evitar aqueles que conteñan algúns destes compostos: Microcrystalline Wax, Hidrogenated Microcrystalline Wax, Hidrogenated Polyisobutene, Ceresin, Ozokerite, Paraffin, Paraffinum Liquidum, Petrolatum, Polyethylene, Polybutene, Synthetic Wax.

Segundo puido comprobar OCU neste estudo e noutros anteriores sobre labiales para adultos, todos os bálsamos que son elaborados con aceites minerais derivados do petróleo ou con polímeros sintéticos conteñen estas substancias tóxicas ( MOSH e MOAH). En cambio, a Organización de Consumidores non atopou MOSH nin MOAH naqueles labiales que indican que teñen aceites e graxas vexetais (de cacao, de karité, oliva, jojoba, etc.) ou ceras naturais de plantas, de abellas, de lanolina…