Denuncian que aínda non se retirou parte dun muro derrubado na Baixada a Igrexa en Teis

Este muro de pedra no pasado inverno, tiro varios derrubes, debido ao mal estado de conservación.
Por o 10/05/2018 | Sección: A.V. Teis,Galicia,Social,Vigo
Denuncian que aínda non se retirou parte dun muro derrubado na Baixada a Igrexa en Teis

A Asociación Veciñal de Teis, ven denunciar que nin o Concello de Vigo, nin os propietarios, procederon a retirar unha parte do muro derrubado na Baixada a igrexa, desde finais do mes de marzo.

Este muro de pedra no pasado inverno, tiro varios derrubes, debido ao mal estado de conservación.

O pasado 24 de abril, presentouse no rexistro do Concello de Vigo, 605 sinaturas, solicitando a ampliación desta Baixada.

Desde hai anos a veciñanza denuncian a estreites nun tramo desta baixada, que impide o paso de vehículos de emerxencia e pasan con moita dificultade os turismos. O mal estado de conservación do muro que pecha esta finca, provocou neste inverno varios desprendementos, de feito do último desprendemento aínda non se retiraron as pedras.

Esta baixada e moi utilizada por moita veciñanza, pois e un dos acesos a igrexa parroquial de San Salvador.

A solución pasaría pola negociación cos propietarios, para realizar unha cesión e realizar un novo muro ampliando a baixada, no tramo máis estreito entre os números 31 e 54.

A construción dun novo muro, permitiría garantir a seguridade da veciñanza e mellorar o aceso no lugar.