A Asociación Veciñal de Teis, ven denunciar que dous anos despois do anuncio da construción dunha residencia publica de maiores na ETEA, non houbo ningún avanzo sobre este proxecto, que estaba previsto rematase “nesta lexislatura”.
Desde a Asociación Veciñal de Teis, desde hai anos demandaron a construción dunha residencia pública nos terreos da ETEA, debido a demanda social existente na cidade de Vigo de prazas para residencias para maiores.
O 2 de marzo de 2017, o conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, visitou o edificio onde se construiría a residencia pública de maiores na ETEA, acompañado de representantes de colectivos sociais de Teis, entres eles unha representación da xunta directiva desta Asociación.
A Asociación Veciñal de Teis, diante da falta de avanzos deste proxecto, dirixiuse por escrito a Conselleira de Política Social, Fabiola García Martínez o pasado 11 de marzo, sen até o de agora recibir ningunha resposta.
Na actualidade tamén puideron comprobar a alta demanda que existe de prazas para centros de día en Vigo, polo que propoñen que neste proxecto se inclúa un centro de día, pois nestes terreos da ETEA, hai espazo dabondo para estas dúas dotacións.
A Asociación Veciñal de Teis, esixen que se avancen na realización do proxecto da residencia pública e do centro de día nos terreos da ETEA, para que en Teis e Vigo podamos contar con estas dotacións sociais tan demandas.