Denuncian que hoxe Vigo so ten unha dotación de bombeiros no parque central

Ruleta Rusa nunha cidade fermosa…
Publicado por o día 05/09/2020 na sección de Galicia,Social,Vigo

Denuncian que hoxe Vigo so ten unha dotación de bombeiros no parque central

Dende o comité de folga e o colectivo Vigo sen Bombeiros volven denunciar a insostible situación na que se atopan os parques de bombeiros da cidade de Vigo.

Despois de máis dun ano de decreto ilegal, tumbado por catro sentencias xudiciais, o concello segue sen solucionar o gravísimo problema que implica a vulneración total dos dereitos dos traballadores e a súa seguridade, tamén polo risco ó que están a poñer a toda a ciudadanía.

A precariedade no servizo é tal que chegaron a ter gardas coma a de hoxe, 5 de Setembro de 2020 no Parque de Teis, onde tan só hai un só efectivo para o posto de conductor facéndose cargo de toda a dotación de vehículos do parque de zona de Teis, catro para o posto de bombeiros e un cabo de bombeiros responsable de ámbolos parques, que está dous niveis por debaixo do requerido para ese posto na escala xerárquica.

Este non é un caso illado senón que se está a converter no habitual nos parques da cidade. Cada día atopámonos con que non se chegan ós efectivos mínimos establecidos polo propio Concello no seu decreto. O cal pola súa ineficacia está a xogar coa vida tanto dos traballadores municipais como das persoas ás que damos servizo.

O longo do último mes, os representantes dos traballadores do Concello están a participar nunha mesa de traballo para dunha vez por todas tentar solucionar este gravísimo problema que nos afecta a todos na cidade.

Mais pola parte técnica, tanto da Xefatura de bombeiros como de Seguridade e Recursos Humáns, a única solución proposta foi a de seguir cubrindo estas deficiencias brutais de persoal con máis horas extras por parte dos xa queimados bombeiros, “insistindo en seguir cargando nas súas costas cun problema do que o único responsable é o Concello de Vigo, pola súa reiterada incapacidade e abandono total para cumprir coa súa obriga e acadar solucións”, denuncian desde o colectivo.

As sentenzas deixan claro a nulidade do decreto e a ilegalidade das inxente cantidades de horas extras realizadas polos bombeiros, +37000 no último ano, e dende o concello insisten como única saída branquear un decreto ilegal como acordo sindical e continuar sobrecargando de horas ós traballadores e deixando agonizar ó servizo de bombeiros que xa non da máis de si.

Cabe lembrar que os bombeiros levan un ano en Folga, outro ano e medio obrigados a traballar nos seus descansos, dous anos nos que non se lles está a conceder os seus respectivos períodos vacacionais á totalidad da plantilla, baixas físicas e psicológicas nunha plantilla envellecida da cal se xubilará un 40% aproximadamente nos próximos 4 anos sen ningún plan para resolver esta situación, entre outros problemas de estructura e normal funcionamento do servizo motivados pola falta de persoal.

Pola parte sindical as solucións aportadas son varias e todas encamiñadas a ocupación total das vacantes de persoal que e a única maneira de afrontar o problema a través da execución urxente das ofertas de emprego público que levan xa tres anos de retraso ós que lle hai que engadir a xubilacións deste ano. “A demora sistemática na execución das ofertas de emprego público son a única causa do deplorable estado do persoal de bombeiros Vigo e o único responsable o Concello de Vigo” finalizan na súa denuncia.

Comentar noticia

Your email address will not be published.