Denuncian “sectarismo nos correos corporativos da EOXI de Vigo”

CIG-Saúde denuncia que o pasado mércores 1 de febreiro recibimos polo correos corporativo da EOXI de Vigo un correo con propaganda de contido relixioso católico anunciando un acto que contiña diversos enlaces, un deles á páxina da Conferencia Episcopal
Por o 14/02/2017 | Sección: CIG,Sanidad,Sindicatos,Vigo
Denuncian “sectarismo nos correos corporativos da EOXI de Vigo”
Compartir en:

CIG-Saúde denuncia que o pasado mércores 1 de febreiro recibiron polo correo corporativo do EOXI de Vigo un correo con propaganda de contido relixioso concretamente católico, no correo viña anunciando un acto que contiña diversos enlaces, un deles á páxina da Conferencia Episcopal.

Desde o sindicato se preguntan se o correo corporativo do SERGAS é para distribuír correos de contido relixioso ou outros contidos de información de organizacións como Vigo Cuidate (vinculadas ou próximas ao partido popular.

Si realmente se utiliza esta vía de comunicación para ese tipo de organizacións ou similares reclaman que tamén se divulgue informacións de outras organizacións que si teñen que ver co mundo da sanidade pública como son SOS sanidade pública ou Asociación Galega en Defensa da Sanidade Pública. Tamén desde a CIG creen que deberíanse enviar correos con información da Xunta de Persoal e a Comisión de Centro (máximos órganos de representación das traballadoras e traballadores da EOXI de Vigo). Desde o sindicato poñen como exemplo á censura que esta dirección exerce e lle lembran que a Xunta de Persoal da Área Sanitaria de Vigo foi galardoada coa distinción de Vigueses Distinguidos outorgada polo Concello de Vigo pola súa defensa da sanidade pública e que non foi enviado un correo corporativo ao persoal comunicándolle dita distinción.

Tamén lle lembran desde a CIG ao o xerente Felix Rubial, de forma sectaria, actuou como axente político do PP ao negarse a facilitar un lugar na entrada do hospital para colocar o galardón entregado polo Concello de Vigo como Vigueses Distinguidos á Xunta de Persoal como representantes das mais de seis mil traballadoras e traballadores da EOXI de Vigo.

Desde a CIG solicitan que a xerencia da EOXI de Vigo modifique estas actuacións que consideran de carácter totalmente sectario e se sume á pluralidade de forma totalmente democrática.

Ligazón da denuncia