Denuncian que a supresión da liña de bus Vigo-Lugo é outro recurte de servizos da Xunta para ir acabando co transporte público en Galicia

Antón Sánchez pide á Xunta que acabe coa “opacidade” e que dunha vez por todas “elabore un plan de transporte sen improvisación, transparente e participado”
Por o 16/02/2018 | Sección: En Marea,Galicia,Lugo,Política,Vigo
Denuncian que a supresión da liña de bus Vigo-Lugo é outro recurte de servizos da Xunta para ir acabando co transporte público en Galicia

O anunción por parte da Xunta de Galicia da supresión do servizo de autobús entre as cidades de Vigo e Lugo supón a demostración de que o goberno do PP preteden desmantelar o transporte público no país utilizando “unha opacidade absoluta” e “facendo recortes aos poucos” para deixar á cidadanía sen servizos. Ademais, esta práctica supón, segundo Antón Sánchez, que o deseño das liñas de transporte queden en mans “das decisións das empresas”.

En Marea quere instar á Xunta, unha vez máis, a desistir de elaborar un plan de transporte de costas ás necesidades das galegas e galegos, abrindo de inmediato a elaboración dun plan verdadeiramente participativa, na que desde a transparencia absoluta se establezan as condicións orzamentarias para elaborar este plan.

Antón Sánchez sinalou que desde En Marea “pedimos participación de todos os implicados no sector e dos usuarios”. Segundo o vicevoceiro de En Marea, “de non ser así, o que se vai a facer a actual a situación, pero empeoradas polos recortes, coa supresión das liñas nas que non estean interesadas as propias empresas”.

No caso da supresión desta liña entre Vigo e Lugo, Sánchez sinala unha situación anómala na que a “empresa renuncia a liña, a Xunta sácaa a poxa e a mesma empresa, Mombús, volve gañala”. Engade Antón Sánchez, “entre a renuncia e a nova adxudicación, a Xunta recortou servizos para a cidadanía, axeitando a poxa as necesidades da empresa”. O vicevoceiro do GP de En Marea explica que Mombús “aparece agora como empresa magnánima ao conservar este servizo en dous día da semana”.