Denuncian un novo “ataque” do SERGAS á sanidade pública de Vigo co desvío a Santiago dos doentes da área de Pontevedra-Salnés que precisan probas oncolóxicas e que ata agora se atendían no Hospital do Meixoeiro

Publicado por o día 24/05/2018 na sección de CC.OO,Galicia,Sindicatos,Vigo

Denuncian un novo “ataque” do SERGAS á sanidade pública de Vigo co desvío a Santiago dos doentes da área de Pontevedra-Salnés que precisan probas oncolóxicas e que ata agora se atendían no Hospital do Meixoeiro

A Federación de Sanidade de CCOO denuncia un novo ataque por parte do SERGAS á sanidade pública viguesa a través do desvío de doentes oncolóxicos da área de Pontevedra-Salnés que ata agora remitíanse para a realización das probas ao PET (medicina nuclear) ao hospital do Meixoeiro.

CCOO quere lembrar que xa no pasado, no que se daba a circustancia de que o actual Xerente da EOXI de Vigo, Félix Rubial, ostentaba o cargo de director asistencial do SERGAS, produciuse tamén o traslado de doentes (co conseguinte trastorno tanto para os doentes como para as súas familias) de diversas especialidades que ata aquel momento recibían atención nos hospitais de Vigo, ao complexo hospitalarario de Santiago. Pasado o tempo, o SERGAS non só non cumpliu a promesa de devolver ditos doentes aos hospitais Vigueses, se non que agora abunda na descapitalización da sanidade pública Viguesa.

A situación é aínda máis grave se lle engadimos o contínuo peche de camas e infrautilización á que se ve sometido o hospital do Meixoeiro.

CCOO esixe ao SERGAS a reversión destas decisións, e un xiro radical na pólitica de destrucción de emprego e descapitalización dasanidade pública na área de Vigo.