Denuncian unha vertedura na zona de Alcabre en Vigo

Publicado por o día 23/05/2020 na sección de Galicia,Medio Ambiente,Vigo

Denuncian unha vertedura na zona de  Alcabre en Vigo

Desde a Plataforma Pola Defensa da Ría de Vigo “CÍES”, veñen denunciar a irresposabilidade do concello de Vigo e a empresa encargada do saneamento das augas fecais. “A pesares de termos denunciado en diversas ocasións as verteduras directas á ría de Vigo de augas fecais procedentes da rede de saneamento, sen tratamento de depuración, éstas séguense producindo cada día” manifestan desde a Plataforma.

“Estes acontecementos, incomprensibles a día de hoxe, cáusannos fonda preocupación así como desconcerto ó comprobar que as administracións públicas, neste caso administracións local, non responden ante semellantes atentados á calidade das augas da ría de Vigo da que depende o sustento de tantas familias que traballan no sector extractivo, pesqueiro, marisqueiro, do turismo e mesmo a calidade de vida de todos os cidadáns” denuncian.

“A nosa preocupación e aínda maior, ao comprobar que os verquidos, semellan que son provocados intencionadamente, ao parar as bombas de impulsión dos pozos de bombeo”. “Facemos esta afirmación, ao comprobar en varias ocasións as circunstancias e horarios de verquidos”. A última comprobación foi detectada no día de hoxe 23/05/2020, no emisario de Alcabre, que durante o día os vertidos foron importantes como se aprecia no video que ten aquí este artigo e que as gavotas tamén o denuncian.

La plataforma le demanda al Concello:

1º.- que se fagan un seguimento constante do bo funcionamento de todo o sistema de condución e depuracións das augas fecais e sexan depuradas adecuadamente.

2º.- Que se abra un expediente e sexan impostas as sancións que correspondan, de ser o caso, á concesionaria do servicio.

Video

Comentar noticia

Your email address will not be published.