Denuncian unha vez mais a situación do servizo de urxencias do Hospital Álvaro Cunqueiro

A executiva comarcal da federación de sanidade de CCOO de Vigo, DENUNCIA unha vez mais a situación do servizo de urxencias do Hospital Álvaro Cunqueiro.
Por o 19/08/2016 | Sección: CC.OO,Sanidad,Vigo
Denuncian unha vez mais a situación do servizo de urxencias do Hospital Álvaro Cunqueiro

A executiva comarcal da federación de sanidade de comisions obreiras de Vigo, denuncia unha vez mais a situación do servizo de urxencias do Hospital Álvaro Cunqueiro.

Os recortes en camas, persoal e a falla de planificación levan a situacións como a de hoxe onde ata 40 persoas esperaban unha cama cando xa teñen orde de ingreso. Como consecuencia desta situación a sala de espera está chea e os pacientes que están a espera de ser atendidos o fan nos pasillos.

A propaganda do xerente do centro Felix Rubial e do conselleiro de sanidade Vázquez Almuiña, contrasta cunha realidade ben distinta. O peche de camas, a infrautilización do Hospital do Meixoeiro, a falla de sustitución en especializada e primaria son “un cóctel” que dana os intereses dos pacientes.

Almuiña e Rubial celebraban o aniversario e falando de “normalización” e ista non pode existir cun recorte de camas e plantillas nin no referente os listaxes de espera nin a rematar con doentes en espera dunha cama que non está disponible.

Desde CCOO, esixen a apertura de todalas necesarias no Álvaro Cunqueiro e Meixoeiro e a contratación de persoal para arranxar os problemas plantexados.