Denuncian vertidos contaminados a ria, na edar de Teis

A Plataforma Pola Defensa da Ría de Vigo “CÍES” en colaboración con Greenpeace inspeccionaron no día 27 de marzo de 2019 algúns puntos de vertidos contaminantes procedentes da rede de saneamento e das estacións depuradoras do concello de Vigo.
Publicado por o día 29/03/2019 na sección de Galicia,Social,Vigo

Denuncian vertidos contaminados a ria, na edar de Teis

A Plataforma Pola Defensa da Ría de Vigo “CÍES” en colaboración con Greenpeace inspeccionaron no día 27 de marzo de 2019 algúns puntos de vertidos contaminantes procedentes da rede de saneamento e das estacións depuradoras do concello de Vigo.

Ditos puntos visitados foron: a estación de bombeo e aliviadeiro de Alcabre (santa Baia), a da rúa Coruña, e a contorna da estación depuradora de augas residuais urbanas de Teis xunto co seu emisario.

Reiteran na denuncia sobre os continuos vertidos de augas residuais contaminados á ría de Vigo os días de choiva por causa da ausencia dun saneamento de redes separativas de augas fecais e pluviais así como o vertido de augas sen tratar correctamente da “depuradora” de Teis onde poideron constatar como había emanacións de augas residuais de color marrón-ocre xa na propia escolleira, unha colonia inmensa de muxos indicando o punto e condición do vertido contaminante así como un forte e desagradable cheiro en todo o paseo marítimo, feitos que foron postos en coñecemento no mesmo momento chamando ó 112.

Estes episodios de evacuación directa de residuos sen tratar ou cun tratamento moi deficiente desde as EDARS son constantes (anque con frecuencias diferentes dependendo da época do ano) e isto é o que foron de denunciar en Bruxelas nas visitas realizadas nos meses de Xaneiro e Marzo ao comité de Peticións do Parlamento europeo do que recibiron a noraboa pola exemplaridade da cidadanía neste caso e animándonos a continuar informando de todas as agresións que detectemos así como a documentación gráfica que poidamos remitir pois é do seu coñecemento a falta de compromiso das autoridades locais, autonómicas e estatais de que non queren recoñecer a existencia deste gravísimo problema que pon en risco a calidade dos produtos que se cultivan, pescan e comercializan da ría de Vigo, rematan desde a Plataforma Pola Defensa da Ría de Vigo “CÍES”.

Video

 

 

Vertidos contaminados a ria, na edar de Teis

#Vigo #TeisVertidos contaminados a ria, na edar de Teis.Máis información na ligazón https://www.noticiasvigo.es/denuncian-vertidos-contaminados-a-ria-na-edar-de-teis/

Publicada por Noticias de Vigo en Jueves, 28 de marzo de 2019