Denunucian ante a inspección de traballo a situación da unidade residencial do Hospital Nicolás Peña

Publicado por o día 09/06/2017 na sección de CC.OO,Sanidad,Sindicatos,Vigo

Denunucian ante a inspección de traballo a situación da unidade residencial do Hospital Nicolás Peña

CCOO ven de denunciar ante a inspección de traballo a situación que están a padecer as auxiliares de enfermería que traballan na Unidade Residencial de enfermos psiquiátricos crónicos do Hospital Nicolás Peña pola presencia dunha única auxiliar de enfermería na quenda de noite.

A antiga Unidade Residencial trasladouse desde o Hospital do Rebullón ao Hospital Nicolás Peña a un novo espazo físico, por mor dunha nova estrutura do CHUVI coa apertura do Hospital Álvaro Cunqueiro.

Cando a unidade ubicábase no Hospital Rebullón, situábase no mesmo pasillo sin ningún tipo de obstáculo arquitectónico entre esta unidade e a contigua, e co 061 á beira, ademais de ser unha unidade aberta onde calquera podía acceder en caso de necesidade, e contar cunha área pechada para o persoal en caso de darse algunha situación de risco.

Na actualidade, a unidade trasladouse á planta 5ª larga, do Hospital Nicolás Peña, resultando a unidade máis próxima, a UCE,  separadas por un corredor de dobre bloques de ascensores. A unidade conta ademais con dúas portas de aceiro con peche codificado, e a área privada da persoal conta como único obstáculo para acceder á mesma cunha porta batiente.

Na quenda de noite non hai outro persoal que unha auxiliar, polo que non dispón do apoio directo de ningunha outra compañeira ante un potencial risco, e só ten o recurso de recorrer a persoal alleo á unidade para solicitar axuda.

A dirección do CHUVI non tivo en conta as queixas das traballadorss, e fixo caso omiso dás peticións de CCOO de que dita unidade conte cunha segunda auxiliar de enfermería na quenda de noite. É polo que CCOO presenta a denuncia ante a inspección para garantir a tranquilidade e seguridade das traballadoras e dos propios enfermos.