A DEPO aproba o proxecto de mellora das estradas EP-3004 e EP-2505 en Caldelas de Tui

As obras, solicitadas polo anterior alcalde ao goberno provincial, serán licitadas de inmediato e comezarán na primavera.
Publicado por o día 20/10/2017 na sección de Deputación de Pontevedra,Galicia,Tui

A DEPO aproba o proxecto de mellora das estradas EP-3004 e EP-2505 en Caldelas de Tui

A Xunta de Goberno da Deputación aprobou hoxe en Xunta de Goberno o proxecto de ‘Actuación integral de mobilidade sostible na EP-3004 e EP-2505 na parroquia de Caldelas de Tui’. Esta obra, froito do convenio asinado en xullo entre a presidenta Carmela Silva e o deputado de Mobilidade Uxío Benítez co alcalde Enrique Cabaleiro, será licitada de inmediato e comezará na primavera de 2018, logo de cumprir os trámites de contratación.

A necesidade de actuar na parroquia de Baños de Caldelas en Tui foi plantexada ao deputado de Mobilidade Uxío Benítez en outubro de hai dous anos por parte do Concello. Dende entón realizáronse os levantamentos topográficos e demais traballos para levara adiante o proxecto, que tiña como obxectivo principal habilitar unha zona de tránsito peonil que garantise unha mobilidade segura e dese servizo á veciñanza da zona ante o alto tránsito de vehículos .

A actuación resultante, segundo os datos expostos por Benítez, está orzamentada en 589.051,81 Instalaranse dez pasos de peóns sobreelevados en diferentes puntos, así como seis redutores físicos de velocidade que obrigarán aos condutores a circular máis amodo creando para toda a vía unha limitación máxima de velocidade de 30 quilómetros por hora.

Tamén se construirá unha senda de 2,4 quilómetros de lonxitude e 2,5 metros de largo, aproveitando a sección actual da vía e ampliando a plataforma en lugares puntuais.

Mellorarase a intersección entre as dúas estradas EP-2505 e EP-3004 (que conflúen en forma de V na zona do antigo Cuartel da Garda Civil) coa instalación dunha glorieta, e redeseñarase o espazo existente xunto a igrexa de San Martiño cunha nova pavimentación especial e a disposición de mobiliario urbano.