A DEPO entrega máis de tres toneladas de froita do castelo de Soutomaior a entidades benéficas

A Deputación de Pontevedra entregou a tres entidades benéficas da provincia os preto de 3.200 quilos de froitas que se recolleron entre os meses de agosto e setembro na plantación do castelo de Soutomaior.
Por o 30/09/2017 | Sección: Deputación de Pontevedra,Galicia,Pontevedra
A DEPO entrega máis de tres toneladas de froita do castelo de Soutomaior a entidades benéficas
Compartir en:

En concreto trátase de 3.200 quilos de ameixas, peras e mazás que crecen nos frutais da finca do castelo de Soutomaior e que foron entregadas ás entidades Fundación Amigos de Galicia, Banco de Alimentos e o comedor de San Francisco.

A superficie de 25 hectáreas do castelo de Soutomaior conta cun xardín de especies senlleiras e de camelias, pero ademais ten unha plantación de vides de uva albariña, que se entregan a unha adega tras unha poxa pública, e arbores froiteiras, que tras a recollida se destinan a entidades benéficas da provincia.