“Deporte é Solidariedade” chega o sábado ao Pavillón Óscar Pereiro en beneficio de Mos Axuda

Co donativo de 1 euros os participantes poderán recibir clases con monitor de coss training, ximnasia e zumba, practicar por libre na piscina e no ximnasio municipais, e/ou iniciarse no futbolín e tenis de mesa
Publicado por o día 08/03/2019 na sección de Galicia,Mos

“Deporte é Solidariedade” chega o sábado ao Pavillón Óscar Pereiro en beneficio de Mos Axuda

O vindeiro sábado 9 de marzo, o Pavillón Óscar Pereiro acollerá a actividade “Deporte é Solidariedade” dentro do Programa “Activa Xuventude”. Consistirá nunha sesión intensiva de 3 horas con diferentes deportes, na que os asistentes colaborarán cun 1 € de donativo, en prol da necesidade de mercar alimentos  para as persoas beneficiarias do programa “Mos Axuda”.

A través de promover que o deporte é  saúde cunhas sesións de  zumba,  cross training, ximnasia controlada e natación, preténdese involucrar á poboación mosense nunha pequena aportación social.

O horario será de 17.30 a 20.30 horas distribuído do seguinte xeito: de 17.30 horas a 18.15 horas cross training, de 18.30 a 19: 15 horas ximnasia de mantemento, e de 19.30 a 20.15 horas zumba. A piscina permanecerá aberta estas tres horas onde o que queira poderá facer uso dela gratuitamente. O ximnasio permanecerá tamén aberto e será gratuito para todos aqueles que desexen entrenar por libre. Haberá tamén un espazo habilitado para que o que desexe poida practicar ou iniciarse no futbolín ou no pin pon

Esta iniciativa municipal conta coa colaboración desinteresada de tódolos monitores que impartirán as distintas modalidades. Adrián Alvarez (cross training), María García (ximnasia de mantemento) e Adela Lamela (zumba).

Contarase tamén coa presenza dos campións de futbolín de Mos (Rías Baixas), que durante as 3 horas ensinarán, aos asistentes que queiran practicar, as súas destrezas.

Espazo Tenis de mesa Always T.M, empresa que abriu as súas instalacións o ano pasado en Sanguiñeda,  ensinará aos asistentes as técnicas e normativa do tenis de mesa.

Comentar noticia

Your email address will not be published.